Día Internacional contra o Acoso Escolar

2 de Maio “Día Internacional contra o Acoso Escolar”

Para celebralo todos xuntos, como centro, desde o equipo de extraescolares, ofrecémosvos unhas divertidas propostas en familia:

-  Visionar e traballar sobre o curto de Pixar “Lou. Este curto móstranos os problemas que poden darse nun patio.

Coñecer a canción “Buscánse valentes”

Gozar da película “Karate Kid”. Ao cambiar a nosa contorna, a nosa forma de vida pasámolo mal ao principio, pero debemos crer en nós e sacar aquilo que nos fai GRANDES.

Ao longo da semana, ata o venres, podedes enviar aos titores/as dos vosos fillos/as unha foto dos mozos/as, facendo aquilo no que son FANTÁSTICOS/AS.

Coas fotos recibidas, elaboraremos unha sinxela presentación.

A presentación subirase á Web do colexio, para que todos poidan gozar dela.

Deixamos unha pequena actividade en ficheiro adxunto.

Moitas grazas.

IMPORTANTE: Todas estas propostas son VOLUNTARIAS.

Móvete connosco na casa

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pon en marcha a inciativa "Móvete connosco". Unha programación semanal relacionada coa actividade física.

Poden accceder no seguinte enlace http://www.edu.xunta.gal/portal/moveteconnosconacasa

PLAN DIRECTOR

O Plan Director é un programa de colaboración entre e Policía Nacional, a Delegación do Goberno e a Consellería de Educación que permite realizar nos centros educativos unha serie de actividades. Neste curso, igual que no pasado, o noso centro participa neste programa e tíñamos programadas unhas charlas canceladas polo covid-19 . Recibimos no centro a seguinte documentación enviada pola Policía Nacional e a Fundación Mapfre sobre seguridade en internet e uns pasatempos.

Aquí poden atopar uns enlaces de utilidade

https://www.is4k.es/

https://www.incibe.es/

http://www.tudecideseninternet.es/aepd/

Máis información e recursos nos documentos adxuntos.

 

NOVA PRÓRROGA ESTADO DE ALARMA

O goberno central prorroga o estado de alarma ata o día 9 de maio, co cal continuamos na mesma situación que ata agora e as clases presenciais están suspendidas.

A Consellería acaba de dictar unhas orientacións provisionais á espera da publicación da normativa estatal correspondente. A Consellería aclara que o curso rematará en xuño como estaba establecido no calendario escolar 2019-2020. Enlace orientacións  da Consellería

As titorías seguirán en contacto co alumnado e coas familias,e estamos esperando que se dicten normas sobre a terceira avaliación e o seu desenvolvemento.

Poden contactar co centro no seguinte teléfono e correo electrónico:

    TLF  982 82 92 20

    CORREO ELECTRÓNICO:  cee.santamaria@edu.xunta.es

 

Reciban un cordial saúdo

Equipo directivo do CEE Santa María

SERVIZO DE IMPRESION CONCELLO DE LUGO

 

O Concello de Lugo ofrece o seu servizo de impresión para familias que non dispoñan de impresora.

Teñen que enviar o material que desexan imprimir ao seguinte correo xunto co seu teléfono:

impresionslugo@gmail.com

CONTO CORONAVIRUS

Video explicativo para nenos e nenas

NOVA PRÓRROGA ESTADO DE ALARMA

Estimadas familias:

 O estado de alarma prorrógase outros 15 días , ata o 25 de abril.

Estamos a espera de recibir instruccións para o desenvolvemento do terceiro trimestre e a súa avaliación.

CONTACTO DO CENTRO

TLEF: 982829220

cee.santamaría@edu.xunta.es

Reciban un cordial saúdo

Equipo directivo do CEE SANTA MARÍA