ADIAMENTO ELECCIÓNS RENOVACIÓN CONSELLO ESCOLAR

A Consellería de Educación decide adiar  as eleccións para a renovación dos consellos escolares, sen establecer unha data para a súa celebración.

MAÍS INFORMACIÓN

 

Para dar cobertura ás vacantes que se puidesen ter producido ata a celebración das eleccións para a renovación dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no consello escolar seguirase o establecido no artigo 55 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, polo que se regulan os órganos do goberno dos centros públicos de ensino non universitario. 

No noso centro unha persoa representante do sector familias será sustituída pola primeira suplente elexida nas eleccións do ano 2018.

 

 

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

Estimadas familias:
Según a Resolución do 30 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se estabelce o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares, este ano celebraremos esas eleccións cunha renovación parcial do consello escolar do noso centro. Esta renovación será a seguinte:
- dúas persoas representantes do persoal docente.
- dúas persoas representantes do persoal non docente.
- tres persoas representantes das familias.
Entón temos que constituir unha Xunta Electoral encargada de organizar estas eleccións, composta por unha persoa representando as familias, outra representando ao sector do persoal non docente e outra ao persoal docente, exercendo a presidencia a dirección do centro. A elección destas persoas farase por sorteo público na sala de mestres do centro o día 27 de outubro entre as 11:40 e 12:10. A Xunta Electoral constituirase entre o 2 e o 5 novembro de 2020, de acordo co artigo 2.2 da Resolución do 30 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, que establece o calendario de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

Seguiremos informando sobre todo o proceso electoral que rematará coas eleccións que se realizarán entre o 23 e o 27 de novembro. O calendario electoral será elaborado pola Xunta Electoral que antes lles indicaba.

Gracias pola súa colaboración.

Reciban un cordial saúdo.

 

ACTIVIDADES CONCELLO DE LUGO

O Concello de Lugo ofrece actividades non presenciais e envianos máis información que lles transmitimos. Teñen toda a información neste enlace http://concellodelugo.gal/gl/actuacions/actividades-extraescolares-en-centros-publicos

O CEE SANTA MARÍA non xestiona estas actividades, todo é xestionado polo Concello de Lugo.

Gracias pola súa colaboración. 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CONCELLO DE LUGO-ACTIVIDADES ON LINE.

Estimadas familias:
Recibimos correo electrónico no centro procedente da persoa responsable das actividades do CONCELLO DE LUGO, no que se nos dí que ofrecen ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ON LINE, non presenciais. AS ACTIVIDADES SERÁN O MARTES BAILE MODERNO E OS XOVES MANUALIDADES, DE 17 A 18 HORAS.
Para inscribirse deben enviar ao noso centro os seguintes datos:
- Nome e apelidos do alumno/a.
- Idade.
- Dirección  de mail.
Envien os datos e cee.santamaria@edu.xunta.es
Despois o centro envia os datos ao Concello .
As actividades están organizadas e xestionadas polo Concello de Lugo, o noso centro non xestiona nada destas actividades.
Gracias. Un saúdo.
O director

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS DO CENTRO

Estimadas familias:

Os días 5 e 12 de outubro non teremos clase.

Recorden descargar a aplicación ABALARMÓBIL .Poden ver este vídeo explicativo.

Reciban un cordial saúdo.

O director 

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS E A COMUNIDADE EDUCATIVA

Estimadas familias:

 

Comunícolles que se confirmaron 2 casos da Covid-19 no centro educativo ao que acode o seu fillo ou a súa filla. Ata o momento detectáronse 2 casos. O SARS- CoV-2 é un virus que se transmite principalmente de persoa a persoa a través do contacto estreito e das pingas respiratorias que se emiten ao tusir ou esbirrar. Os síntomas poden aparecer ata os 14 días despois de estar en contacto cun caso. A infección pode cursar con síntomas respiratorios como febre, tose ou sensación de falta de aire; con síntomas inespecíficos como a alteración do gusto ou do olfacto, dores musculares, diarrea, dor torácica ou dor de cabeza entre outros; ou tamén pode cursar de forma asintomática.

 Co fin de evitar a transmisión da infección a outras persoas, é necesario adoptar as seguintes medidas de prevención:

 • Un estudo de contactos é un proceso mediante o cal se identifican e clasifican aos contactos dun caso confirmado cuns criterios establecidos polas autoridades sanitarias. Se o/a seu/súa fillo/a é un contacto estreito, desde as autoridades sanitarias, contactarase coa familia para dar as indicacións necesarias.

 • Os contactos estreitos (persoas a menos de 2m sen mascarilla durante máis de 15 minutos) deben realizar corentena durante 14 días excepto aqueles que tivesen unha infección previa documentada cunha PCR positiva nos 6 meses previos. En caso de ser un contacto estreito é posible que nos próximos días poidan aparecer síntomas compatibles coa Covid-19, ante os cales deberán permanecer en illamento e contactar telefonicamente co seu centro de saúde ou co teléfono de referencia da comunidade autónoma.

 • O resto da comunidade educativa, pode seguir acudindo ao centro, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa Covid-19. Se algunha persoa ten condicións de especial vulnerabilidade para a Covid-19 pode acudir ao centro, sempre que a súa condición clínica estea controlada e así o permita, e mantendo medidas de protección de forma rigorosa, salvo indicación médica de non asistir.

 • Se o/a menor ou algunha persoa da súa contorna próxima (outros menores ou adultos) desenvolve síntomas compatibles nos próximos días, deberá permanecer no seu domicilio e contactar telefonicamente cos servizos de saúde.

 Pode atopar información sobre as medidas de corentena e illamento na Web de información para a cidadanía sobre SARS- CoV-2 do SERGAS .

 

Reciban un cordial saúdo.

A dirección do centro.

INCORPORACIÓN ALUMNADO DE PROGRAMAS FORMATIVOS

O alumnado de programas formativos de xardinería e peiteado, incorporarase ao centro o día 25 de setembro.

O alumnado que non pagou o seguro escolar debe facelo  canto antes, deben recoller o impreso no centro.

Estamos a recibir as facturas para xustificar as becas do curso 2019-2020 e tamén cubrindo as do curso 2020-2021, realicen estas xestións canto antes. A orientadora do centro pode asesoralos nestes trámites Deben vir ao centro a unha hora distinta á do recreo de 11:40 a 12:10.