Elaboramos receitas

Queredes aprender algunha receita cos alimentos da nosa horta?

Aquí tedes algunha de elas, esta rapazada é toda unha experta!!!

Ata se animaron a probalas!

Recomendacións Lectoras de Maio

Fixéronse de rogar pero aquí tedes as recomendacións lectoras de Mérida para Maio, Emocións, Familias, Maios, Abellas, e Luisa Villalta, a nosa homenaxeada nas Letras Galegas.

 

Correlingua

Este mércores 8 de Maio asistimos ao Correlingua na Plaza de Santa María de Lugo. Algúns de nós fixemos unha camiñata ao longo da Muralla e de diferentes calles de Lugo e outros, quedamos a merendar para coller forzas.

Logo, estivos no concerto de Cuarta Xusta, un grupo de rock que é unha pasada! Desfrutamos e bailamos un montón!

Botade un ollo e escoitade algunhas cancións deste grupo, estamos seguros de que vos gustarán!

Tamén, parte do cole foi a desfrutar dunha mañá soleada á Praza de Augas Ferreas e, polo que nos contaron, pasárono xenial!

DENDE AQUÍ ATE ACOLÁ, GALEGO XA!

 

 

Graffiti na Horta

Hoxe tivemos unha mañá do máis entretida!!!, Pablo de van_kraft está facendo un graffiti no noso cole e hoxe invitounos a colaborar!!!, para moitos foi unha experiencia super divertida!!!

 

 

 

 

 

 

Día do Universo

Este luns 29 de Abril foi o Día do Universo e nós decidimos desfrutar un pouquiño del a través de actividades sensoriais. 

Ademais, coñecimos os planetas, a súa orde, a lúa, observamos a través dun telescopio... aprendimos un montón de cousas do noso universo!

Día da Terra

O pasado 22 de Abril foi o Día da Terra. Para concienciarnos de que hai que coidala, unha Terra enfer,a, elaborada polos rapaces/as de Programas Formativos, foi rodando polas aulas e o alumnado do centro foi sanándoa con boas accións que axudan a que coidemos o noso planeta. Así, todos aprendimos unha morea de cousas que podemos facer para coidar da nosa Nai Terra e conseguimos unhas medallas por ser coidadores da mesma.

 

 

DIA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

Ao monstro do bullyng calámolo entre todos!!!, ese foi o lema que escollimos para dar visibilidade no día contra o Acoso Escolar, fixemos xogos nos que nos axudamos uns aos outros, con eles conseguimos Empatía, Respeto, Amizade, Inclusión... desfrutamos da xornada e coas palabras máxicas conseguimos calar ao monstro do Acoso Escolar!!!