21 de Marzo - DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN

Hoxe 21 de marzo de 2024, como noutros moitos lugares, na nosa escola tamén celebramos o Día Mundial da Síndrome de Down. Este ano unímonos ao CEIP Plurilingüe de Nadela para facer deste día un día especial

 

 

Creando a horta

Seguimos preparando a horta!

Hoxe moitas das aulas colaboraron enchendo de terra os bancáis!

Encantados de estar cos pés e as mans na terra! Xa casi a temos lista para plantar!

Día dos ríos

Así conmemoramos o Día dos Ríos no cole, mirade canto traballamos nas aulas!!

Os nosos ríos

Os nosos reporteiros verdes de Peiteado e Xardinaría estiveron recopilando vídeos e fotografías dos ríos da nosa provincia para crear esta fermosa montaxe para o día dos ríos, que foi a semana pasada.

Botade un ollo!!

Clase de enxertos con Óscar Engroba

Hoxe en Xardinería tivemos unha visita moi especial. Veu Óscar dar unha clase maxistral de enxertos, vimos as ferramentas e materiais empregados para enxertar, entendemos o que era o patrón e a púa e fixemos varios enxertos na aula: o de fendedura, o inglés simple e inglés doble e o de chip. 

Quedou de volver para xuño e ensinarnos comof acer os enxertos de xema, estamos xa contando os días!

Moitas gracias!!

O xornal de Mérida

Así foi a semana da prensa na biblio, houbo un pouco de todo, dende unha mesa sensorial, robótica sección da horta con poesía, xornais en familia, saímos no xornal, sección do 8M, manualidades con xornais... e moreas de lecturas de prensa cada día!!! e... o Xornal de Mérida cobrou vida nos corredores do cole.

Día da Eficiencia Enerxética

O Martes foi o Día da Eficiencia Enerxética e o alumnado de programas formativos quere darvos uns consellos para reducir o consumo de enerxía e coidar o medio ambiente, en Lingua de Signos adaptada.