Reto Concienciamos

Remata Abril e as aulas 14 e 15 sumáronse ao Reto Concienciamos de Voz Natura e limparon a contorna do centro e aprenderon a reciclar!

Moi ben, rapaces!

FP Innova

Estes días estivemos compartindo o noso proxecto xunto ao CIFP Politécnico de Lugo, o CEE María Mariño, o CIFP de Someso e o IES Marco Camballón en FP Innova no Museo do Gaiás.

Foi unha experiencia moi gratificante e enriquecedora!!! 

Gracias a todos/as os que vos acercástedes a xogar con nós, e sobre todo gracias ao equipo de profes e alumnado por crear este proxecto tan bonito que xa nos une para sempre!!

As Familias tamén contan

E así remata a semana do libro, coa entrega de premios e diplomas aos participantes no concurso de marcapáxinas en familia, por parte das nosas axudantes de Mérida Noraboa as familias de William, Diego, Katy e Hugo por ser os gañadores!!!, os marcapaxinas foron impresos e agasallamos a todos os compañeiros do cole con eles 

#VoluntariadoNaBiblio

SEMANA DO LIBRO

Así estamos a celebrar a Semana do Libro no cole, iniciamos hoxe a mesma con un museo Literario que enche de contos e ledicia os corredores do noso centro!!!

FELIZ DÍA DO LIBRO!!     

Xogos no Pavillón

Así de colorido deixaron o noso pavillón un grupo de alumnos/as do CIFP Politécnico de Lugo!!!, crearon un espazo cheo de xogos co que estamos segurXs de que diafrutarémos un montón!!!, mil grazas!!!, esperámosvos para unha xornada divertida de xogos!!

 

       

     

      

O eclipse

Seguro que onte escoitastes ou vistes que houbo un Eclipse Solar por todas partes.

Por se non vos quedou claro, Quique, Ramón, Laila, Xeri e Luján xunto coa súa profe Alejandra explícano moi ben neste vídeo!!

Estade moi atentos!

Día do Arco da Vella

O pasado 3 de Abril foi o Día do Arco da Vella, e estas son as diversas actividades que fixemos para conmemoralo!

As aulas 1, 3 e Programas Formativos traballaron así de bonito para encher de cores o noso cole.