Concerto de Paco Nogueiras

O venres 22 coa finalización do trimestre, a Deputación de Lugo axudounos a traer ao noso centro a Paco Nogueiras.

Que ben o pasamos! Bailamos e cantamos sen parar, foi un concertazo!

Desfrutamos moito todos xuntos como despedida ata a volta de vacacións!

DÍA DA AUGA

O pasado venres foi o Día da Auga, antes de irnos de vacacións traballamos nas aulas sobre a importancia da mesma, así de chulos nos quedaron os traballos que fixemos!!!

      

       

       

       

Día dos Bosques do Síndrome Down

Hoxe é un dia grande, o día dos bosques e o Día da Síndrome de Down e, como é tan importante, quixemos celebralo dunha maneira especial coa xa nosa familia do CEIP Manuel Mallo Mallo de Nadela, que cada ano comparte un día con nós.

Escollemos o conto "Un bosque mágico para ti" e, a través dese conto que nos uneu, soñamos e creamos o noso bosque máxico cheo de calcetíns desparellados.

No CEE Santa María esperámosvos cos brazos abertos, grazas por compartir momentos con nós, e moitas grazas en especial ao alumnado por contarnos un conto tan bonito e á Profe Cris por facelo posible.

E recordade, A VIDA NON SE MIDE EN CROMOSOMAS, MÍDESE EN COMO SOMOS.

 

Día da Árbore

Hoxe é o Día da Árbore e dos Bosques, e non podíamos deixar pasar esta ocasión tan especial!!

A horta dos sentidos ten dende hoxe plantado un limoneiro que encherá de cor e olor a nosa horta!!!

Coidarémolo e mimarémolo moito!

Día da felicidade

O 20 de Marzo, ademais de dar comezo a primavera tamén é o Día da Felicidade!!

O alumnado de peiteado e xardinaría quixeron celebralo repartindo sorrisos polo cole!!

21 de Marzo - DÍA MUNDIAL DA SÍNDROME DE DOWN

Hoxe 21 de marzo de 2024, como noutros moitos lugares, na nosa escola tamén celebramos o Día Mundial da Síndrome de Down. Este ano unímonos ao CEIP Plurilingüe de Nadela para facer deste día un día especial

 

 

Creando a horta

Seguimos preparando a horta!

Hoxe moitas das aulas colaboraron enchendo de terra os bancáis!

Encantados de estar cos pés e as mans na terra! Xa casi a temos lista para plantar!