ORIENTACIÓN

.


 

ANUNCIO DE RESERVA DE PRAZAS EN CENTROS RESIDENCIAIS

BS632G - Concerto social para a reserva e ocupación de prazas en servizos de atención diúrna e de atención residencial para persoas dependentes con trastorno do espectro autista, discapacidade física, parálise cerebral, dano cerebral adquirido e discapacidade intelectual.

 

 

 

Prazo

Prazo de presentación: ABERTO

04/05/2024 00:00 - 03/06/2024 23:59

O prazo de presentación das solicitudes será dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia ( 3 de maio de 2024). Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. De acordo co previsto no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

 
 

axuda

Documentación para a presentación

Solicitudes .

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

2. Se a solicitude non reúne algún dos requisitos exixidos nestas bases reguladoras, o órgano responsable da tramitación requirirá as persoas interesadas para que, nun prazo de dez días hábiles a partir do día seguinte ao da notificación do requirimento, emenden a falta ou presenten os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixeren, se terán por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución, nos termos previstos polo artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

3. Presentarase unha única solicitude por entidade, e poderá referirse á un, varios ou a todos os lotes, e incluirá a totalidade de prazas e servizos que integran cada lote, indicando o centro en que prestarán os servizos.

Así mesmo, as entidades non teñen que solicitar as prazas do servizo de transporte adaptado e asistido xa que están directamente vinculadas ao número de prazas asistenciais que se solicitan (a cada praza de atención diúrna solicitada correspóndelle unha praza de transporte).

Tampouco se solicitarán as compensacións pola implantación das medidas especiais de accesibilidade, posto que xa van vinculadas, proporcionalmente, ao servizo de transporte.

Sen prexuízo de anterior, garantirase en cada liquidación o aboamento das compensacións que correspondan ao servizo efectivamente prestado.

4. A presentación da solicitude supón a aceptación incondicional da entidade solicitante da totalidade do contido desta convocatoria, sen excepción ou reserva ningunha.

5. No anexo II constan as seguintes declaracións responsables:

a) Que, de acordo co artigo 38 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro, en relación con outras axudas concedidas ou solicitadas, a entidade non solicitou outras axudas para o financiamento dos servizos ou prestacións obxecto deste concerto.

b) Que a entidade non está incursa en ningunha causa de prohibición para concertar, segundo o disposto na base 8 do Decreto 229/2020, do 17 de decembro.

c) Que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.

d) Que a entidade participante acepta a totalidade das condicións establecidas nesta convocatoria e no prego técnico.

Documentación complementaria .

1. As entidades solicitantes deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:

a) Unha relación de todos os documentos que se presentan

b) Documentación xustificativa da solvencia económica e financeira de acordo cos medios establecidos na base décima desta convocatoria.

c) Documentación xustificativa da solvencia técnica ou profesional de acordo cos medios establecidos na base décima desta convocatoria.

d) Acreditación da titularidade do centro no que se vai prestar o servizo obxecto de concerto ou a súa dispoñibilidade mediante calquera título xurídico válido por un período non inferior ao da vixencia deste, así como a autorización da entidade ou persoa titular do centro onde se prestan os servizos.

e) Documentación acreditativa da experiencia mínima na atención ao colectivo destinatario do obxecto do concerto exixida na base oitava da convocatoria. No caso de que esta experiencia se derive de instrumentos xurídicos asinados coa Xunta de Galicia, acreditarase de oficio. Neste caso a entidade presentará unha relación dos servizos prestados á Xunta de Galicia.

f) Declaración responsable sobre a exención do imposto sobre o valor engadido, de ser o caso.

g) A documentación que acredite os criterios de selección e preferencia recollidos na base décimo sétima desta concertación.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que haxa que presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes .

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos .

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Inscrición no RUEPSS da entidade solicitante.

d) Inscrición no RUEPSS do centro cuxas prazas se ofertan.

e) Certificado de que a entidade solicitante está ao día no cumprimento das obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria e fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda, por calquera concepto, coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

 

descargar solicitude Anexo II


 

PUNTO LARANXA CONTRA O ACOSO E O CIBERACOSO ESCOLAR.

 

 

O Punto Laranxa é unha medida impulsada dende a Xunta de Galicia co obxectivo de erradicar o acoso e o ciberacoso nos centros educativos, grazas á colaboración de alumnado, persoal docente e non docente, familiares e outras persoas próximas á comunidade educativa. O anonimato constitúe un refuxio seguro á hora de denunciar, facilitando así o logro dun cambio entre todos e todas.

COMO FUNCIONA O PUNTO LARANXA? Se o estás a sufrir ou coñeces algún posible caso de acoso ou ciberacoso, axúdanos a paralo!

1. Escribe de maneira anónima a túa mensaxe nun lugar onde te sintas seguro/a.

2. Localiza o Punto Laranxa no teu centro (sitúado na entrada ao interior do centro ou na páxina web).

3. Deposita na caixa do Punto Laranxa a túa mensaxe (só é accesible ao equipo docente encargado de loitar contra o acoso escolar no teu cole).

PUNTO FÍSICO PUNTO VIRTUAL


1. O punto laranxa é anónimo.

2. A túa denuncia será tratada con confidencialidade.

3. Sempre hai persoas que te queren e te apoian.

Descarga de documentos      
tríptico
cartel

 


 

OFERTA CAMPAMENTOS DE VERÁN

 Acción de Verán

  A Xunta de Galicia ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación    non formal de carácter lúdico,     cultural, deportivo, formativo, etc. Para iso, cada ano preséntase a Campaña de Verán, unha iniciativa ambiciosa    que non só é unha actividade de ocio para os mozos e mozas galegos,   senón que tamén é un recurso de conciliación da vida familiar e laboral.

  Baixo o lema O teu mellor verán, a Campaña de Verán de 2024 da Xunta de Galicia oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, as  seguintes accións:

    • Campamentos en Galicia.
    • Campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro.
    • Programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas.
    • Programa “Conecta con Galicia” para a mocidade galega do exterior.
    • Minicampamentos “Coñece Galicia”, de 5 días de duración.
    • Uso de instalacións xuvenís por parte de entidades e grupos de persoas mozas non asociadas.
    • Actividades de ocio alternativo para maiores de 18 anos (novo)
      

 Serán, en total, 11.533 prazas, o que supón a maior oferta da historia destas actividades de verán programadas polo Goberno galego.

 En aplicación do principio de transversalidade das políticas en materia de discapacidade e co obxectivo de que a inclusión social sexa unha realidade ao tempo que se favorece a    interacción e a convivencia entre toda a mocidade, as mozas e mozos galegos con discapacidade poden decidir sobre a modalidade de participación á que desexan optar: polo   procedemento xeral ou polo procedemento das prazas reservadas de inclusión. Cómpre lembrar que tamén existe a posibilidade de optar pola convocatoria de campamentos específicos   para persoas con discapacidade.

 

 

Oferta de campamentos en Lugo

Lugo

 


Albergue Xuvenil 'Area' (Viveiro)

Albergue Xuvenil 'Area' (Viveiro)

Listado campamentos Lugo

Praia de Area, 27850 Viveiro (Lugo)A 5 Km de Viveiro na estrada LU-862. Autobuses de Lugo a Viveiro todos os días.Por ferrocarril: Estación FEVE en Viveiro (liña Ferrol-Xixón).T. 982 870 965

Atópase situado ao pé de praia, na ría de Viveiro...

 

Albergue Xuvenil 'Benigno Quiroga' (Portomarín)

Albergue Xuvenil 'Benigno Quiroga' (Portomarín)

Listado campamentos Lugo

Avenida de Sarria 20, 27178 Portomarín (Lugo)Atópase a 30 km de Lugo pola estrada LU-612 (Lugo-Portomarín).

Autobuses diarios desde Lugo.T. 982 828 573 Atópase á beira do encoro de Belesar na xacobea vila de Portomarín. O aloxamento é en cuartos de...

 

Campamento xuvenil 'A Devesa' (Ribadeo)

Campamento xuvenil 'A Devesa' (Ribadeo)

Listado campamentos Lugo

A Rochela s/n, 27700 A Devesa, Ribadeo (Lugo)A 11 km de Ribadeo, na estrada LU-862. Autobuses desde Lugo todos os días.

Por ferrocarril: Estación FEVE en Reinante e Ribadeo (liña Ferrol - Xixón)T. 982 828 580 Atópase na parroquia da Devesa...

 

Campamento Xuvenil 'Os Chacotes' (Palas de Rei)

Campamento Xuvenil 'Os Chacotes' (Palas de Rei)

Listado campamentos Lugo

Rúa As Lagartas s/n (Área Recreativa Os Chacotes), 27209 Palas de Rei (Lugo)Autobuses desde Lugo a Santiago de Compostela todos os días.

Por ferrocarril: estación RENFE en Lugo.T. 982 828 577 Atópase na vila de Palas de Rei, na ruta do camiño...

 

Concello de Carballedo ou limítrofes

Concello de Carballedo ou limítrofes

Listado campamentos Lugo

A información da instalación estará dispoñible proximamente         • ADVENTURE CAMP       

ACTIVIDADESEn inglés: vivac tools, radio workshop; talent show night; play in english; deportivas: scooter (actividade alternativa con flickers),

alternative games, caiac, paddle board, traditional games, geo orientación e archery...

 

Alberge Xuvenil LUG II (Lugo)

Alberge Xuvenil LUG II (Lugo)

Listado campamentos Lugo

  Rúa Pintor Corredoira, 4  27002 Lugohttps://goo.gl/maps/3dNHkDwdZt5ZFQHH6T. 982 828496O Albergue Xuvenil Lug II foi inaugurado nos anos 60 como centro educativo residencial e reformado no ano 2009.

Atópase situado a pouco máis de 5 minutos do centro da cidade de Lugo...

 

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (Becerreá)

Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (Becerreá)

Listado campamentos Lugo

Penamaior, s/n - 27695 - Becerreá (Lugo)42°51'48.3"N 7°11'09.6"W27695 Becerreá, Lugo

T.  982 82 83 67

O edificio principal conta con 45 prazas en cuartos triplos con baño dentro dos mesmos, diferentes aulas, sala de xogos equipada con billares e futbolín, un salón...


 

 

CAMPAMENTOS DE VERÁN ESPECÍFICOS PARA PERSOAS CON NEURODIVERSIDADE - 2024

A Xunta de Galicia habilita na súa Campaña de verán unha oferta de actividades específica para persoas con discapacidade. Este ano a oferta chega as 250 prazas nun total de 14 quendas en tres emprazamentos diferentes: no Albergue Xuvenil de Gandarío, e nas Residencias de Tempo Libre de Panxón (Nigrán) e O Carballiño. 

Prazo de presentación de solicitudes do 17 ao 30 de abril.

 PROGRAMA DE ACTIVIDADES

 SOLICITUDE DE PARTICIPACIÓN

SE TEDES MAIS PREGUNTAS PODEDES ACCEDER AO PORTAL DA CONSELLERÍA DE POLÍTICA SOCIAL E IGUALDADE

 


 

O VALOR DA DIVERSIDADE

Ser pequeno non significa ser pouco importante e ser diferente non significa valer menos. UNICEF proponnos esta actividade para reflexionar sobre o valor de todas as persoas e a recoñecer que ser pequeno pode ser algo moi grande.

 

 

A unidade didáctica contén preguntas que nos permiten abrir un debate ou asemblea co noso alumnado sobre cuestións como a diversidade, a inclusión, a amizade, permitindo fortalecer competencias como a empatía, o respecto a outros ou a tolerancia. Aprender as letras nunca tivo tanto sentido!

 


 

INFORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

Dende o Departamento de Orientación deixamos este díptico con algúns dos pasos a dar unha vez que o alumnado remata a escolarización no CEE Santa María.

Pódese descargar e imprimir o pdf premendo sobre a imaxe.

 

 

 

*Neste sentido, a orientadora Mª Jesús Rodríguez Fernández do CEE Miño colgou no seu espazo web a seguinte información:

 Comeza unha nova etapa, como teño que solicitar praza para o meu futuro?

  • Faise a través do servicio de dependencia, teño que ter actualizado o grao de dependencia, e dirixirme a calquer traballador/a social que tramite os meus documentos.
  • Explicámoslle que queremos solicitar unha praza das características que nos interese (residencial, de día..), alí vannos a solicitar aqueles papeis e informes que sexan necesarios para poder levar a cabo a solicitude.
  • Temos que ter en conta que van a solicitar un cambio de PIA (a axuda que recibíamos antes pérdese en favor de que nos concedan unha praza pública nun centro),a axuda domiciliaria se xa a tiñamos non a perdemos completa, pero si que a revisarán e modificarán en función da situación de cada un/unha.
  • Unha vez recompilados todos os documentos precisos van ao servizo de dependencia, onde se poderán pedir por orde aqueles centros que nos interesen, e alí valorarán o conxunto e enviarano á Xunta (Santiago de Compostela).
  • É alí onde nos adxudicarán o centro que consideren máis adecuado tendo en conta as nosas características persoais.
  • Unha vez decidido, chaman por teléfono ao centro seleccionado para notificarlles que teñen un novo usuario.
  • Será o noso futuro centro o que se poña en contacto con nós para realizar os trámites de admisión e coñecernos persoalmente.
  • Temos que ter en conta que ser unha praza pública non significa que sexa gratuíta. Teremos que pagar a porcentaxe que nos corresponda.

 

Podo renunciar á praza unha vez concedida?

  • Temos que ter en conta que os trámites burocráticos tardan bastante en resolverse, podemos esperar meses para que nos dea na resolución.
  • Unha vez que nos concedan a praza, se cambiou a nosa situación e decidimos que non é o momento podemos rexeitala asinando unha renuncia voluntaria.
  • As prazas residenciais non soen estar dispoñibles, se renunciamos a unha con esas características temos que ter en conta que seguramente teremos que esperar un longo período de tempo antes de volver conseguir outra coas mesmas condicións.
  • Podemos solicitar praza as veces que queiramos,pero temos que pensar en que os trámites burocráticos comezarán dende cero cada unha desas veces, e a dispoñibilidade de prazas non sempre é a mesma.

 

 

BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE DE APOIO EDUCATIVO PARA O CURSO 23-24

O Ministerio de Educación e Formación Profesional vén de publicar no seu portal web as becas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo (neae) para o curso 2023-24.

O prazo de presentación de solicitudes é do 08/05/2023 ata o 20/09/2023. Toda a información da convocatoria pódese atopar na seguinte ligazón: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2023.html