Skip to Content

Dinamización

ACTIVIDADES DO 3º TRIMESTRE


Neste trimestre, desde o equipo de dinamización da biblioteca organizáronse as seguintes actividades:

 

 


 


 


 DÍA DO LIBRO

 




  • Para celebrar o Día do Libro fixéronse varias proxeccións de contos curtos na biblioteca e tamén lectura por parte dos alumnos dun conto que elaboraron eles mesmos: "Apaga a tele e prende un libro".

  • Contacontos : "NOTTERUONDO GUTAKÍ", un conto xaponés. 

 


DÍA DAS LETRAS GALEGAS   

 

 


 


 

 

 



  • Elaboración do libro das "PALABRAS GALEGAS". Cada aula escolleu unha palabra galega   e estívoa decorando. O día do festival o Mago Chirleta conseguiu adiviñar todas as palabras e ademais que aula a decorara. Pasámolo estupendamente, podedes ver as fotos na galería e o resultado do libro no seguinte enlace:

 


 

 


 

 

 


 

ACTIVIDADES DO 2º TRIMESTRE

 

 


Chegado o 2º trimestre na primeira actividade na que nos implicamos foi no

 


DÍA DA  PAZ

 



  • Todos os rapaces e rapazas participaron na elaboración do conto: "O MUNDO ESTÁ TRISTE, QUE LLE PASARÁ?. Fixemos algo parecido a un teatro de ofrendas, para lle ofrecer ó mundo aquelas cousas que precisaba para ser feliz.....e o final conseguímolo. Premede no seguinte enlace para ver que ben quedou o libro. Ah! e tamén tedes fotos na galeria. 

 

 


http://www.skyalbum.com/album2/2011/201105/20110516/ceeminoourense/4de38...

 


   Neste día todos/as disfrutamos un montón coa actuación que organizamos: OS LUNNIS cos que cantamos e bailamos a canción "Por un mundo mellor". Tamén hai fotos na galeria.

 


ENTROIDO

ACTIVIDADES DO 1º TRIMESTRE

 

Algunhas das actividades que levamos a cabo desde a biblioteca no 1º trimestre son as seguintes:


  • Para celebrar o SAMAÍN preparamos o CONTO DA BRUXA MARUXA E PEPUCHA, foi de medo.....  Na galeria de imaxes pódense ver algunhas fotiños.

 

  • Tamén elaboramos un POWER POINT recordando o Samaín do curso pasado. Premede no seguinte enlace para poder velo:
  • No NADAL tamén elaboramos un POWERPOINT lembrando o Nadal do curso pasado.... no enlace poderedes velo:

 

O PLAN DE MELLORA DA BIBLIOTECA



O Plan de Mellora da Biblioteca


Este curso 2010/2011 concedéronnos o PLAN DE MELLORA DA BIBLIOTECA. Ó longo do curso irémosvos contando todas as actividades que facemos.... 


Recordades quen chegou o curso pasado ó colexio? ......PERICO.... a nosa mascota.....no seguinte video poderedes ver a benvida que lle demos a finais de curso, cando chegou ó cole.


 


Distribuir contido


by Dr. Radut