Skip to Content

MULTISENSORIAL 1

Ola !

Espero que esteades  todos ben. Un saúdo agarimoso.

Para comezar, imos recordar uns consellos xerais para o desenvolvemento das actividades:

Favorecer un ambiente tranquilo e evitar a  sobreestimulación

Ser sistemáticos e xerar rutinas

Permitir tempo de resposta

Ofrecer estímulos o máis contrastados posible.

Utilizar unha linguaxe sinxela.

Anticipar o que imos facer. 

Verbalizar o que estamos a facer con eles en cada momento.

Falar de forma pausada.

 

MASAXE RELAXANTE

Para comezar, a seguinte actividade é sinxela e aproveitamos o momento da hixiene persoal: o baño ou ducha.

Empezaremos por unha metade do corpo e realizaremos unha suave masaxe coa esponxa desde la cabeza aos pes, de maneira pausada pero continua. Repetimos na outra metade do corpo.

Tamén podemos realizar esta masaxe no posterior secado, na hidratación da pel con crema corporal… son bos momentos para elo. Sempre se debe acompañar a actividade dicindo o nome das partes do corpo que se van masaxeando: cabeza, pescozo, brazo …

Tamén se debe poñer unha música suave como a que se encontra no seguinte enlace:https://youtu.be/soRmpPJOIw                                                                  

 



blog | by Dr. Radut