Skip to Content

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O día 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade co obxectivo de promover os dereitos e benestar das persoas con discapacidade en tódolos ámbitos da sociedade, así como concienciar sobre a súa situación en tódolos aspectos da vida.

"UN DÍA PARA TODOS" é o lema da campaña neste 2020 e quérese facer ver que a discapacidade forma parte da condición humana, xa que todos, en algún momento das nosas vidas, podemos experimentar unha discapacidade temporal ou permanente; e a sociedade ten que estar preparada para elo.

Falta unha  semana para conmemorar dito día e como as circunstancias que nos tocan vivir non nos permitirán celebralo como nos gustaría, preparámosvos unha pequeniña sorpresa en forma  de calendario de "conta atrás" ata o día 3 do próximo mes.

Mañá comezamos!!!

Na seguinte imaxe poderedes ver o documento no que cada día vos convidamos a ver un conto e unha curtametraxe. Este documento vai como un arquivo adxunto que solo teredes que descargar e logo ir pinchando cada día no que corresponda.

Agardamos que o disfrutedes moito.

 

E xa no último día pedímosvos que olledes e escoitedes con moita atención a profe Jeru...ela quérevos transmitir unha mensaxe moi importante...moi especial...o seu título dio todo...fixo con todo o agarimo pensando en cada un e unha de vós....

  

AdxuntoTamaño
Día Internacional das Persoas con Discapacidade 3 de decembro (3) (1) - Copia.pdf93.34 KB


blog | by Dr. Radut