Skip to Content

TRABALLAMOS CO SECADOR

Para esta actividade utilizaremos un secador: a corrente de aire constante pode rozar todas as partes do corpo e ao cambiala de quente a frío e aumentar a súa velocidade, permite suscitar, ademais, diferentes sensacións de temperatura.

En primeiro lugar, acenderemos e escoitaremos o ruído que fai. Comezamos polas extremidades (mans- pés) e logo polo tronco, deixando para o último a cabeza. Estimularanse todas as partes mantendo o secador detido en cada unha delas. Cando o neno  se afaga, intercalaremos o aire frío co quente para suscitar diferentes sensacións de temperatura.

 

A  distancia entre o secador e a pel será como mínimo de 30 cms.

Non esquezamos falar de forma pausada e ir dicindo todo o que estamos a facer.



blog | by Dr. Radut