Skip to Content

ÁRBORE FAMILIAR

 

Ola familias,

 

esta actividade que vos propoño consiste en facer unha árbore familiar; co tema de ficar na casa estamos separados da nosa familia máis próxima o que non é doado; por iso, con esta árbore podemos simbolizar todas esas apertas e bicos que nos daremos cando todo isto acabe, agora verase un pouco baleiro pero pronto encherase de pegadas de cores (simulando as flores e as follas) como unha árbore en primavera.

 

Quedaranos de recordo para colgar ou por nun marquiño.

 

Déixovos no arquivo adxunto un modelo de árbore aínda que se mirades por internet encontraredes centos de modelos. Para as pegadas podedes utilizar pintura de dedos ou almofadas de tinta. As instrucións para seguir son as seguintes:

1. Elixe a cor que máis che guste.

2. Deixa a túa pegada suavemente coma se fose unha flor/folla.

3. Pon o teu nome dentro da pegada.

4. Que os membros da familia que nese momento estén na casa fagan o mesmo.

5. Cando todo isto acabe e poidas ver aos teus amigos/as e familiares acórdate de avisalos para que deixen a súa pegada.

 

 

Espero que vos guste a idea e a poñades en práctica!!

 

AdxuntoTamaño
ARBORE FAMILIAR.pdf136.08 KB


blog | by Dr. Radut