Skip to Content

Traballamos atención visual con cousas da casa!

Ola queridos nenos e nenas!

Hoxe quería compartir unha idea que se me ocurriu para que poidades traballar a atención visual con cousiñas que teñades pola casa, como por exemplo, o peite, o cepillo, ou tapóns.

O que fixen foi elaborar unhas tarxetas cos pictogramas de arasaac, nas que hai tres obxectos da casa. Unha serie sinxela que debedes reproducir en calquera superficie (a mesa, o chan, unha bandexa, etc.).

Ademais, como todos estamos na casiña, e moitos non temos impresora, elaborei unha presentación de diapositivas cas tarxetas en grande, para que poidades empregalas sen telas que imprimir.

Espero que vos guste!!!

Unha aperta enorme, e recordade: TODO VAI SAÍR BEN.

Preme aquí para descargar o documento en pdf.

Preme aquí para descargar a presentación en diapositivas.



blog | by Dr. Radut