ACTIVIDADES MULTISENSORIAL
Estimadas familias:
Nestes días de confinamento quero, en primeiro lugar, mandarvos un agarimoso saúdo e o meu desexo de que vos encontredes todos ben.
Para continuar co traballo, irei colgando neste espazo diversas actividades.
ACTIVIDADE 1
Para a estimulación pódese aproveitar o momento da hixiene persoal: empezaremos por unha metade do corpo e realizaremos unha suave masaxe coa esponxa desde la cabeza aos pes, de maneira pausada pero continua. O momento do baño, o posterior secado, a hidratación da pel con crema corporal… son bos momentos para elo. Sempre se debe acompañar a actividade dicindo o nome das partes do corpo que se van masaxeando:cabeza, pescozo, brazo … Tamén se debe poñer unha música suave como a que se encontra no seguinte enlace:https://youtu.be/soRmpPJOIwo