Skip to Content

Joao e as súas serpes

Ola xente!

 

Aquí andamos de novo para contar un pouco o que fixemos por Audición e Linguaxe durante o primeiro trimestre.

 

Teremos que ir por partes como dicía certa personaxe de ficción (Jack el...). Xa que temos moitas fotos pero metidas nun caos que será mellor desfacer pouquiño a pouco.

 

Namentres aquí vos deixo algunhas fotos do proxecto de reptis que fixemos con Joao. Como desfruta tanto con serpes e lagartos pois alá que fomos a traballar con eles na aula.

 

Fixemos serpes de números, o seu nome con lagartos de cores e moito máis. Todo serviunos para traballar articulación, asociación, memoria e lectura global. Qué máis lle podemos pedir as lagartixas! Ai, si, os sorrisos de Joao!

 

 

 

 



blog | by Dr. Radut