Skip to Content

O pulsador como ferramenta de aula

Os pulsadores son unha ferramenta fantástica tamèn para traballar a relación causa»efecto, è dicir, para que os alumnos comprendan que os seus actos poden producir cambios no entorno. 

 

Isto que parece tan básico para algúns de nós, é algo que ten que ser traballado e aprendido para outros. Será o primeiro paso para que algúns nenos queiran comunicarse e neso estamos.

 

Aquí vos deixo algunhas fotos dos meus queridos pupilos!

Aquí está Adri activando un villancico cada vez que a súa malvada profe llo paraba.

Alberto escoitando q canción de Sabela!

Mateíño con Miliki!

E Isidro disfrutando da música clásica.



blog | by Dr. Radut