Skip to Content

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

Aqui vos deixamos imaxes e vídeos  de como celebramos as Letras Galegas e a obra do autor, Antón Fraguas, ao longo da primavera.

Iniciamos a homenaxe na semana do libro co conto do "Casamento da pulga" contado por unha nai do centro, na biblioteca. Seguimos coa elaboración do maio "A casa de Sabela", relacionando a liña de traballo do centro coa recollida de folclore popular, que fai o autor arredor da nosa cultura. E para continuar relacionando o conto co autor das letras e os xogos tradicionais, levouse a cabo un xogo de birlos adaptado con pictogramas das personaxes do conto. 

Outra das actividades realizadas nestas datas foi a elaboración por aulas dun quebracabezas da caricatura do autor.

E para rematar festa rechada, con muiñada acompañada por un gaiteiro invitado, recitado de anacos das coplas do Cancioneiro de Cotobade adaptadas e presentación do conto "Maruxa".

E para ter un achegamento maior ao autor e a recollida da nosa cultura tradicional, o venres 31 de maio o alumnado do CEE Miño rematou con obradoiros de sensacións baseados nos poemas de  Antón Fraguas "Cancioneiro de Cotobade" e a nosa liña de traballo "a casa", e dentro desta a parte correspondente deste trimestre "O xardín".




story | by Dr. Radut