Skip to Content

23 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR

O martes celebrouse o Día Mundial do Libro e dos Dereitos do Autor.

Desde a Consellería de Educación editouse un díptico para conmemorar esta data cun poema da poeta, narradora, profesora e académica MARILAR ALEXANDRE.

O texto convida a reflexionar sobre a importancia da lectura como revulsivo para interrogar, cuestionar, dubidar, aprender, enfocar, repensar e nunca conformarse.

Queremos compartilo con todos/as vos. 

 

Con este texto na nosa mente queremos contarvos que actividades organizamos no CEE MIÑO nesta semana do libro e que pouco a pouco vos iremos amosando como discorreron.

1. 

CONTACONTOS POR PARTE DE SABELA: MARUXA

2. 

ELABORACIÓN DO LIBRO DAS ESTANCIAS DO COLE.

3. 

CONTACONTOS POR PARTE DUNHA MAMÁ VOLUNTARIA: O CASAMENTO DA PULGA E DO PIOLLO.

4. 

VIDEOCONFERENCIA CO ALUMNADO DUN COLE DE OURENSE.

E xa están PERICO, PIRULETA e SABELA moi atentos para irvos informando das distintas actividades.

 



story | by Dr. Radut