Skip to Content

EXPLORAMOS COS SENTIDOS

Que ben o pasamos cando traballamos no Obradoiro de Exploramos cos sentidos!

Traballamos intensamente desde que comeza o curso...comezamos preparando os sementeiros: cebolas, leitugas, repolos, perexil, tomates...

Vixiamos moi atentamente as plantas que temos polos corredores e facemos os trasplantes que sexan necesarios, botámoslles terra e regámolas cando o precisan.

Cando non chove, e o tempo o permite, saimos aos xardíns pois moito nos gusta traballar coas ferramentas e abonar as nosas plantas co compós que facemos.

A diario coidamos as nosas galiñas e limpamos o galiñeiro para que estén cómodas e contentas, así de cara ao fin de semana levamos para a casa os ovos que poñen e que recollemos todos os días.

O mellor de todo chega na primavera co colorido das flores dos nosos xardíns!

Xa polo mes de xuño recollemos os nosos cultivos e degustamos saborosas receitas feitas con eles que elaboramos con todo o cariño nos fogóns da cociña.

 



story | by Dr. Radut