Skip to Content

HOMENAXEANDO A ROSALÍA DE CASTRO

 
 
 
 

Hoxe, ao longo da mañá, celebrouse o Día de Rosalía, onde o alumnado acompañado polas súas titoras trouxo unha peza para montar o quebracabezas xigante da cara de Rosalía, 12 pezas, 6 das cales foron intercambiadas co CEE Infanta Elena de Monforte (nunha actividade conxunta coordinada polos equipos de Dinamización da Lingua en colaboración coa Biblioteca, TIC e AACC).

 

 Logo proxectouse a montaxe creada co traballo levado a cabo ao longo da semana, tamén nunha actividade compartida co CEE Infanta Elena, "poesías por un tubo", o alumnado no obradoiro "os contos" decoraron os tubos con versos en pictogramas de tres poemas de rosalía, dous anacos do poema "vente, rapaza" e outro de "imos bebendo" (deste poema tamén se está ilustrando un verso por aula para recoller nun libro), que logo recitaron e escoitaron.

 

Despois de ver o traballo de toda a semana tamén tentamos volver recitar e cantar algún destes poemas.

 

Na seguinte entrada o resumo deste día.

 

A celebrar con rosalía a nosa lingua...

 
   

   


 
 
 
 






story | by Dr. Radut