Skip to Content

PREPARANDO A PAZ

Como xa Perico e Piruleta mencionaron na entrada anterior, dende o equipo  da biblioteca propuxérase partir do conto de "Elmer" como elemento motivador para traballar o Día da Paz, e dende ese punto elaborar o noso conto tendo como protagonista o galo do galiñeiro que quere ser coma as galiñas; para o acto escenificación con camisetas brancas, negras e unha pintada na aula de distintas cores, imitando a cor das galiñas e galo do noso galiñeiro.
Dende o Equipo DLG propuxeron un listado de palabras en galego, que indican como quere ser o galo e que van asociadas a unha cor.

O Equipo TIC propuxo unha andaina polo xardín da entrada rematando nun círculo debuxando o símbolo da Paz e cantando unha canción. 
A organización e decoración a cargo do Equipo AACCC, propondo para a elaboración dun mural, que cada aula decore un corazón, unha man e unha pomba.

Entón, e para dar comezo a esta celebración, o alumnado do CEE Miño onte recibiu a visita de Sabela (a protagonista do proxecto que se desenvolve dende o curso pasado, e que xira arredor da temática da "Casa", partes, elementos que a compoñen e accións que se poden levar a cabo en cada estancia), que lles levou as cartolinas de cores coa palabra asociada.

Tiñan que elixir unha, para logo pensar nunha foto que ilustre e dea significado á palabra elixida, que se recollerá para formar parte do conto "O galo Pedro" que están preparando dende a biblioteca no obradoiro "Os contos"
Perico, Piruleta e Sabela agardan eses traballiños e actuación con moita emoción. Estade atentos que xa queda pouco.

 

 



story | by Dr. Radut