Skip to Content

PLANTANDO LANDRAS

A semana pasada adicamos todas as tardes a darlle continuidade ao proxecto iniciado este curso e...

Que foi o que tocou?

Por unha banda e por quendas, no obradoiro dos contos proxectouse a curta que gravamos de Xaime e as landras.

Ademais, a proxección acompañouse dunha pequena dramatización onde se incorporaron os bonecos-protagonistas do conto así como os pictogramas correspondentes para apoiar e facilitar a comprensión.

Por outra parte, en colaboración co obradoiro exploramos cos sentidos, todo o alumnado plantou a súa landra.

Previamente pediuse a colaboración das familias para que aportaran un cartón de leite que logo se encheu de terra e serviu como testo para meter a landra.

Ahh! E menuda sorpresa levou o alumnado do 4º nivel cando estaba plantando...sabedes que animaliño atopou...ollade o vídeo e descubrirédelo...

O que mais  e o que menos disfrutou un montón lavando os cartóns, metendo as mans na terra, regando con auga, cravando, calcando de novo a terra...toda unha experiencia... E para rematar cada alumno e alumna colocoulle ao seu cartón a  súa foto.

E agora...doce espera...

 


 




story | by Dr. Radut