Skip to Content

blogue deVanesaG

Rematamos a semana

Dende a aula 9 rematamos unha semana máis traballando!

Mesa Sensorial

Hoxe Abraham e Milito puideron coñecer o que é unha mesa sensorial. Moitas grazas a profe Vicky por deixárnola!

 

Preparándonos para o vídeo do entroido

Que contento está Milito coa profe Vane, despois de saír no vídeo do entroido!

Preparando o vídeo para o entroido

Aquí saímos coa nosa profe Vane, moi contentos, para preparar o vídeo do entroido. Estade atentos familias!!

Preparamos o entroido

Ola familias! Xa queda moi pouco para o entroido, por iso, na nosa clase estamos a empezar a traballalo. Abraham disfrazouse de Galego, Milito de osiño e a profe Vane de sevillana. A profe Lucía e Lía axudáronos xa que estamos a preparar un fermoso vídeo onde van saír todos os nosos compañeiros do colexio. Estade atentos!

 

Feliz fin de semana familias!

Con este fermoso sorriso, desexámosvos unha feliz fin de semana.

Distribuir contido


by Dr. Radut