Skip to Content

blogue deJeru

ACCESIBILIDADE COGNITIVA

Achego dous exemplos de axudas á comprensión, unha para anticipar un cambio de plans nunha rutina e outra para ofrecer ao alumnado  a posibilidade de ELIXIR, imprescindible aspecto a ensinar dentro da función comunicativa de Expresión de desexos e necesidades.

COMPARTINDO NOVEMBRO

Achegamos entrada neste mes de novembro do bloque COMPARTINDO.

Preme aquí para poder visualizar formación, lectura e webinarios recomendados.

SKILLS 2023

Os días 25 e 27 de outubro celebrouse o campionato galego da formación profesional SKILLS. O alumnado do PFB participou dando unha boa lección de esforzo e traballo en equipo.

Moito orgullo!!!!

SAMAÍN

Ben queridas familias, o luns 30 celebramos no cole o Samaín. Todas as nenas e nenos poden vir disfrazados para a ocasión.

Vai ser un día terrorificamente divertido!!!!

GRAZAS COMO SEMPRE POLA VOSA COLABORACIÓN.

24 DE OUTUBRO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

O pasado luns celebramos o día das bibliotecas escolares.

Achegamos resumo das actividades que fixeron os nenos e nenas ca axuda de Perico.

CALENDARIO MENSUAL DE ACTIVIDADES

Bos días familias!

Estreamos calendario na páxina web.

Tal e como vedes na imaxe, no apartado "EVENTOS" aparece un calendario mensual no que iremos engadindo aquelas actividades complementarias e celebracións escolares.Simplemente premede no día e teredes acceso ao que está ocorrendo no centro.

Agardamos vos sexa de utilidade.

Distribuir contido


by Dr. Radut