Gallego

S2102026 - Introdución á protección de datos

Summary: 

Protección de datos
Gallego

O artigo 27 da Constitución Española consagra o dereito á educación como un dereito fundamental. Os centros educativos desempeñan este labor para a cal é esencial realizar o tratamento de datos persoais. A aplicación da normativa de protección de datos neste sector aínda xera moitas dúbidas debido á ampla  casuística de situacións que se deben de abordar, e ao desenvolvemento que as tecnoloxías da información e da comunicación experimentado nos últimos anos, o cal determina a necesidade dun estudo  particularizado.É por iso que o presente curso será a mellor ferramenta para adquirir un coñecemento detallado e práctico para abordar a adecuación dos centros educativos á normativa de protección de datos. Para iso estudarase, ademais da lexislación en protección de datos, a normativa sectorial que lle é de aplicación, así como as guías, directrices ou informes publicados polos organismos competentes, xunto as resolucións máis destacadas sobre esta materia.

 

Xoves 18 de novembro  (16:30 - 20:30h) – Víctor Seguín Salgado (Sesión presencial)

  • A privacidade. A súa regulación en España.
  • Principios básicos da Lei orgánica de protección de datos.
  • Dereito á intimidade e á propia imaxe.
  • A privacidade en Europa.
  • Termos das redes sociais e servizos de internet máis coñecidos.
  • A protección de datos persoais.

Sábado 25 de novembro  (18:00 - 20:00h) – María López Barral (Videoconferencia)

  • A protección de datos nos centros educativos.

Sábado 2 de decembro (18:00 - 20:00h) – María López Barral (Videoconferencia)

  • A protección de datos nos centros educativos.
Protección de datos.
Protección de datos.

File: 

G2102014 - ProxectoTERRA. Cartografías. Plan Proxecta

Summary: 

Cartografías
Gallego

Como resultado da renovación do convenio de colaboración entre o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, coa incorporación da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística como entidade cofinanciadora do ProxectoTERRA queremos facervos chegar esta actividade para Educación Infantil e Primaria co obxectivo de que se poidan incorporar nas programacións dos centros educativos.

 

G2102014 – ProxectoTERRA. Cartografías. Plan Proxecta.

Xoves 11 de novembro – Estudio Rurban (Videoconferencia)

  • Que é a cartografía, en que se basa. Marco conceptual. Coñecementos teóricos.
  • Como funciona unha cartografía. Deseño e ferramentas de recollida da información.
  • Onde aplicar a cartografía, ámbito micro vs macro.

Sábado 13 de novembro – Clara Megías (Sesión presencial)

  • Achegar o uso de ferramentas de cartografía a docentes. Cartografía e arte.
  • Obradoiro «Cartografía crítica para educadores».

Xoves 18 de novembro – Arquitectura Sen Fronteiras (Sesión presencial)

  • Casos prácticos, exemplos e experiencias co uso da cartografía no ámbito educativo.
  • Ferramentas e aplicacións da cartografía. Presentación da aplicación de ASF.

Sábado 20 de novembro – Estudio Rurban + Arquitectura Sen Fronteiras (Sesión presencial)

  • Sesión práctica. Como facer un mapeo colectivo.
Cartografía
Cartografía

File: 

G2101080 Metodoloxías e recursos para o ensino de linguas cooficiais a persoas estranxeiras nas escolas oficiais de idiomas

Summary: 

Curso presencial no CAFI para profesorado de EOI de calquera especialidade.
Gallego

Curso presencial no CAFI para profesorado de EOI de calquera especialidade.

Datas: Luns, 8 e 22 de novembro e 13 de decembro

Horario: 9:30 a 13:30 horas

Lugar: CAFI

Data límite de inscrición: 27 de outubro en Fprofe

Obxectivos

1.Coñecer e utilizar diferentes metodoloxías e enfoques para ensinar linguas cooficiais en contextos plurilingües e de diversidade cultural.

2.Deseñar recursos que permitan atender a diversidade lingüística e cultural.

3.Empregar estratexias e dinámicas de grupo que estimulen a colaboración e fomenten a inclusión académica e social.

Contidos

1.Metodoloxías e recursos para ensinar galego e español a persoas estranxeiras.

2.A clase invertida como un novo enfoque no proceso de ensino-aprendizaxe de linguas.

3.As estacións de aprendizaxe. Técnicas e dinámicas de grupo. A interacción.

4.Aprendizaxe por mini-proxectos e por tarefas.

 

G2101080 resumido
G2101080

File: 

S2103024 - Inglés en acción na educación secundaria

Summary: 

Inglés en acción en secundaria
Gallego

Título: Oratoria en acción na educación secundaria

Código en fprofe: S2103024

Data: venres 15  de outubro (de 16:00 a 20:00h), sábado 16 de outubro (de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h), venres 29  de outubro (de 16:00 a 20:00h) e sábado 30 de outubro (de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h)

Relatora: Lola Garay

Lugar: Santiago de Compostela

Aloxamento incluído

Obxectivos:

1. Desenvolver as competencias profesionais docentes en inglés a través da conversa.

2. Favorecer a mellora da competencia oral na lingua inglesa.

3. Desenvolver estratexias e recursos para traballar as destrezas lingüísticas orais.

Contidos:

1. Exposición, argumentación e debate en lingua inglesa sobre temas propios da experiencia docente e temas sociais e culturais da actualidade.

2. Tipoloxía e características de actividades interactivas que favorecen o desenvolvemento da competencia comunicativa.

3. Estratexias e recursos que inciden significativamente no éxito dos intercambios comunicativos.

Inglés en acción na educación secundaria
Inglés en acción na educación secundaria

S2103023 Inglés en acción na educación infantil e primaria

Summary: 

Inglés en acción en infantil e primaria
Gallego

Título: Inglés en acción na educación infantil e primaria

Código en fprofe: S2103023

Data: venres 15 de outubro (de 16:00 a 20:00h), sábado 16 de outubro (de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h), venres 29 de outubro (de 16:00 a 20:00h), sábado 30 de outubro (de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h)

Relator: Lola Garay

Lugar: Santiago de Compostela

Aloxamento incluído

Obxectivos:

1. Desenvolver as competencias profesionais docentes en inglés a través da conversa.

2. Favorecer a mellora da competencia oral na lingua inglesa.

3. Desenvolver estratexias e recursos para traballar as destrezas lingüísticas orais.

Contidos:

1. Exposición, argumentación e debate en lingua inglesa sobre temas propios da experiencia docente e temas sociais e culturais da actualidade.

2. Tipoloxía e características de actividades interactivas que favorecen o desenvolvemento da competencia comunicativa.

3. Estratexias e recursos que inciden significativamente no éxito dos intercambios comunicativos.

Inglés en acción na educación infantil e primaria
Inglés en acción na educación infantil e primaria

S2103021 Oratoria en acción na educación secundaria

Summary: 

Oratoria en secundaria
Gallego

Queres ter estratexias para traballar a oratoria en secundaria? Daquela tes que apuntarte nesta actividade:

Título: Oratoria en acción na educación secundaria

Código en fprofe: S2103021

Data: venres 5  de novembro (de 16:00 a 20:00h) e sábado 6 de novembro (de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h)

Relator: Roberto Pérez Marijuán e Santiago Martínez Suárez

Lugar: Santiago de Compostela

Aloxamento incluído

Obxectivos:

1. Coñecer as estratexias que a oratoria e a retórica nos ofrecen para traballar os diversos tipos de discursos persuasivos.

2. Dotar o profesorado de estratexias para preparar e mellorar as habilidades comunicativas orais.

3. Fomentar o traballo cooperativo e colaborativo así como favorecer a autoestima, a implicación proactiva e o desenvolvemento do pensamento crítico.

Contidos:

1. Estratexias para a mellora das habilidades comunicativas co alumnado de secundaria.

2. Ferramentas básicas de oratoria para a mellora das presentacións públicas.

3. Desenvolvemento das capacidades comunicativas orais: expresión de ideas, argumentación, escoita activa e persuasión co alumnado de secundaria.

4. Habilidades de investigación e organización da información.

5. Desenvolvemento do pensamento crítico e do traballo en equipo.

Oratoria en acción na educación infantil e primaria
Oratoria en acción na educación infantil e primaria

S2103019 Oratoria en acción na educación infantil e primaria

Summary: 

A oratoria en infantil e primaria
Gallego

Queres ter estratexias para traballar a oratoria en infantil e primaria? Daquela tes que apuntarte nesta actividade:

Título: Oratoria en acción na educación infantil e primaria

Código en fprofe: S2103019

Data: venres 5  de novembro (de 16:00 a 20:00h) e sábado 6 de novembro (de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h)

Relator: Roberto Pérez Marijuán e Santiago Martínez Suárez

Lugar: Santiago de Compostela

Aloxamento incluído

Obxectivos:

1. Coñecer as estratexias que a oratoria e a retórica nos ofrecen para traballar os diversos tipos de discursos persuasivos.

2. Dotar o profesorado de estratexias para preparar e mellorar as habilidades comunicativas orais.

3. Fomentar o traballo cooperativo e colaborativo así como favorecer a autoestima, a implicación proactiva e o desenvolvemento do pensamento crítico.

Contidos:

1. Estratexias para a mellora das habilidades comunicativas co alumnado de infantil e primaria.

2. Ferramentas básicas de oratoria para traballar co alumnado de infantil e primaria a mellora das presentacións públicas.

3. Desenvolvemento das capacidades comunicativas orais: expresión de ideas, argumentación, escoita activa e persuasión co alumnado de infantil e primaria.

4. Habilidades de investigación e organización da información.

5. Desenvolvemento do pensamento crítico e do traballo en equipo.

 

Oratoria en acción na educación infantil e primaria
Oratoria en acción na educación infantil e primaria

G2103004 Gut (aus)gesprochen! Phonetik spielerisch und mit Freude vermitteln

Summary: 

Gut (aus)gesprochen! Phonetik spielerisch und mit Freude vermitteln
Gallego

Obxectivos:

1. Ser capaz de preparar e levar a cabo unidades de fonética de maneira metodolóxica e didáctica e de vinculalas a outros temas de ensino.

2. Ser consciente da importancia esencial da correcta entoación e coñecer os exercicios para lle transmitir esta ao alumnado.

3. Saber onde e como se forman os sons dp idioma alemán.

 

Contidos:

1. Ter unha visión xeral dos temas fonéticos centrais no ensino de alemán como lingua estranxeira.

2. Los trazos prosódicos (entoación, melodía e ritmo) forman un foco.

3. Creación de exercicios para o seu uso práctico na clase.

 

Título: Gut (aus)gesprochen! Phonetik spielerisch und mit Freude vermitteln

Código en fprofe: G2103004

Relatora: Eileen Badaou M.A.

Data: 16 de outubro de 2021

Horario: De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h

Lugar: CAFI - Santiago de Compostela

Gut (aus)gesprochen! Phonetik spielerisch und mit Freude vermitteln
Gut (aus)gesprochen! Phonetik spielerisch und mit Freude vermitteln

G2103001 A lingua portuguesa nas ABAU

Summary: 

Modelo de avaliación das ABAU nas disciplinas de Lingua Portuguesa
Gallego

Con esta actividade pretendemos achegarlle ao profesorado o modelo de avaliación das ABAU nas disciplinas de Lingua Portuguesa (como primeira e como segunda lingua estranxeira), promover a reflexión colectiva sobre a adecuación entre as programacións didácticas dos centros e as esixencias das ABAU así como fornecer información e propiciar a formación do profesorado, nomeadamente do que imparte as disciplinas de Língua Portuguesa no Bacharelato.

Título: A lingua portuguesa nas ABAU 

Código en fprofe: G2103001

Relator: Elías J. Torres Feijó

Data: 16 de outubro de 2021

Horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00h

Horas: 8 h

Lugar: Aula 9 do CAFI en Santiago de Compostela

A lingua portuguesa nas ABAU
A lingua portuguesa nas ABAU

G2102029 - Trinity Gollege GESE Grao 10. Nivel C1

Summary: 

Grao 10. Nivel C1
Gallego

Consellería de Cultura, Educación e Universidade ten interese en lle facilitar ao profesorado galego, preferentemente vinculados aos programas plurilingües e centros bilingües, a posibilidade de certificar o seu nivel de inglés a través dun sistema de acreditación externa. Para tal efecto, co obxectivo de avaliar o nivel de cada participante nesta lingua, a Consellería de Cultura, Educación e Universidade dará a oportunidade de presentarse aos seguintes exames desenvoltos polo Trinity London College.

 

Trinity College. GESE grao 10. Nivel C1

  • Código en fprofe: G2102029
  • Ligazón a fprofe.
  • Temporalización: proba oral de, aproximadamente, 25-30 minutos que se desenvolverá entre o 24/11/2021 e o 25/11/2021. Cada participante será convocado para a realización desta proba un día desa semana e en intervalos, aproximativos, de 30 minutos polo que deberá chegar cunha antelación de media hora.
  • Lugar de celebraciónEGAP (Escola Galega de Administración Pública) en Santiago de Compostela.
  • Observacións: non poderán ser seleccionados os candidatos/as que teñan acreditado o nivel C1 nin o profesorado de secundaria especialista en inglés.
  • Número de prazas: 100
Trinity Gollege GESE Grao 10. Nivel C1
Trinity Gollege GESE Grao 10. Nivel C1