S2102026 - Introdución á protección de datos
O artigo 27 da Constitución Española consagra o dereito á educación como un dereito fundamental. Os centros educativos desempeñan este labor para a cal é esencial realizar o tratamento de datos persoais. A aplicación da normativa de protección de datos neste sector aínda xera moitas dúbidas debido á ampla casuística de situacións que se deben de abordar, e ao desenvolvemento que as tecnoloxías da información e da comunicación experimentado nos últimos anos, o cal determina a necesidade dun estudo particularizado.É por iso que o presente curso será a mellor ferramenta para adquirir un coñecemento detallado e práctico para abordar a adecuación dos centros educativos á normativa de protección de datos. Para iso estudarase, ademais da lexislación en protección de datos, a normativa sectorial que lle é de aplicación, así como as guías, directrices ou informes publicados polos organismos competentes, xunto as resolucións máis destacadas sobre esta materia.
Xoves 18 de novembro (16:30 - 20:30h) – Víctor Seguín Salgado (Sesión presencial)
- A privacidade. A súa regulación en España.
- Principios básicos da Lei orgánica de protección de datos.
- Dereito á intimidade e á propia imaxe.
- A privacidade en Europa.
- Termos das redes sociais e servizos de internet máis coñecidos.
- A protección de datos persoais.
Sábado 25 de novembro (18:00 - 20:00h) – María López Barral (Videoconferencia)
- A protección de datos nos centros educativos.
Sábado 2 de decembro (18:00 - 20:00h) – María López Barral (Videoconferencia)
- A protección de datos nos centros educativos.