Gallego

Olimpíada Científica da Unión Europea 2012 (EUSO 2012)

A Real Sociedade Española de Física, a Real Sociedade Española de Química e a Asociación Nacional de Químicos de España (ANQUE), convocan a todos os alumnos dos Centros de Educación Secundaria e Bacharelato a participar na Olimpíada Científica da Unión Europea 2012 (EUSO 2012).
Trátase dunha competición europea entre equipos de alumnado de 4º de ESO ou 1º de Bacharelato sobre traballos experimentais de Química, Física e Bioloxía. Os participantes deben ter nacido no ano 1995 ou posteriores, estar matriculados en centros públicos ou privados, con interese nas experiencias científicas de laboratorio (Física, Química e Bioloxía), formando equipo de tres e dirixidos-preparados por un profesor da área de Ciencias.
A inscrición pode facerse cubrindo un formulario na páxina web do programa ata o 15 de novembro.

Gallego
EUSO

Sección: 

Centros seleccionados para a realización de plans de autoavaliación e mellora da calidade da educación en centros educativos

Orde do 25 de outubro de 2011 pola que se publica a relación de centros seleccionados para a realización de plans de autoavaliación e mellora da calidade da educación en centros educativos para o curso escolar 2011/2012, convocados pola Orde do 13 de maio de 2011.

 

 

Gallego
DOGA

Sección: 

Conferencia do Premio Nobel de Física 1979 Sheldon L. Glashow o martes 13 de decembro de 2011 no auditorio de Novacaixagalicia de Santiago


O Premio Nobel de Física 1979 Sheldon L. Glashow ofrecerá unha conferencia dentro do programa "ConCiencia", da USC e o Consorcio de Santiago. O investigador  é recoñecido “por contribucións á teoría da interacción electromagnética e feble unificada entre partículas elementais, incluíndo, entre outras, a predición da corrente neutral feble”.

O acto central da súa visita será a conferencia "Unha breve historia da física de partículas", que terá lugar no novo auditorio Novacaixagalicia (Preguntoiro 23 - Santiago de Compostela) o martes 13 de decembro de 2011 ás 20:00 horas.


A entrada será libre e con tradución simultánea.

 

 

 

Gallego
ConCiencia

Sección: 

Cualificacións provisionais premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2010/2011

Gallego

Xúntanse as Cualificacións provisionais premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2010/2011.

Colectivo: 

Sección: 

Bases reguladoras da achega complementaria do Estado aos Centros do Espazo Europeo de Educación Superior participantes no programa Erasmus

Orde EDU/2875/2011, de 11 de outubro, pola que se aproban as bases reguladoras da  achega complementaria do Estado ós Centros do Espazo Europeo de Educación Superior para estudantes de Universidades, Institucións de Ensinanza Superior e de Ciclos Formativos de Grado Superior participantes no programa Erasmus.

 

 

Gallego
BOE

Sección: 

A Consellería de Educación concede os Premios Extraordinarios de Bacharelato 2010/2011 a vinte estudantes galegos

Desta forma recoñécese o esforzo desenvolvido por estas alumnas e alumnos nos seus estudos

Os galardoados poderán optar aos Premios Nacionais

Gallego

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria vén de conceder a 20 alumnas e alumnos galegos os Premios Extraordinarios de Bacharelato, cos que se recoñece o esforzo e dedicación do alumnado que cursou, cun excelente aproveitamento, algunha das modalidades de bacharelato no sistema educativo galego.

Os galardoados percibirán unha gratificación de 1.000 euros como premio económico ao seu traballo, unha das contías máis altas outorgadas polas comunidades autónomas, e estarán exentos do pagamento dos prezos públicos polos servizos académicos no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público. Esta distinción, que figurará no seu expediente académico, permítelles tamén concorrer aos premios nacionais de bacharelato. Ademais, os vinte alumnos recibirán un diploma acreditativo nun acto de recoñecemento público.

Entre os premiados hai 4 estudantes da provincia da Coruña, 2 de Lugo, 2 de Ourense e 12 de Pontevedra. Todos eles obtiveron no curso pasado unha media superior a 8,75 puntos, na que se computa as cualificacións obtidas nas materias comúns, propias de modalidade e optativas dos dous cursos de bacharelato.

Os estudantes superaron tamén probas específicas, celebradas no mes de setembro, para obter o premio, nas que tiveron que realizar unha análise e comentario crítico dun texto de carácter xenérico, histórico, filosófico ou literario, así como responder a preguntas xerais realizadas sobre un texto na lingua estranxeira que tiveran cursado como materia común no bacharelato. A última proba consistía no desenvolvemento de temas, respostas a cuestións e exercicios prácticos dunha materia propia da modalidade á escolla do estudante. Os gañadores foron aqueles que obtiveron a máxima puntuación entre as dúas probas.

Estudantes premiados

Os premiados son, pola provincia da Coruña, David Lamas Francis, do IES de Ames; Carmen Antía Rodríguez Fernández, do colexio Manuel Peleteiro (Santiago de Compostela); Ana Vázquez Fernández, do IES A Pontepedriña (Santiago de Compostela) e Alejandro Antonio Roura Blanco, do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña). Na provincia de Lugo foron premiados Alejandro Vilar López e Borja Traseira Santín, ambos os dous alumnos do IES Lucus Augusti; mentres que en Ourense resultaron galardoadas Alba Cid Blanco e Sabela Varela Fernández, tamén estudantes as dúas do IES As Lagoas.

Dos alumnos presentados pola provincia de Pontevedra recoñeceuse o traballo de Nerea Gándara Guerra e Sandra Correa González, ambas do IES Santa Irene (Vigo); Marta Rodríguez Castro e Cristian Carbajales Neira, do IES Manuel García Barros (A Estrada); María González Flores, do IES A Sangriña (A Guarda); Carmen Zalvide Rodríguez, do IES Álvaro Cunqueiro (Vigo); Ángel García Gómez, do IES Gonzalo Torrente Ballester (Pontevedra); Santiago Cernadas Amoedo, do IES Val do Tea (Ponteareas); María Isabel Gómez Alonso, do IES do Castro (Vigo); Cándido Otero Moreira, do IES Illa de Tambo (Marín); María Tovar Amado, do colexio SEK-Atlántico (Poio) e Hadrián Montes Campos, do IES Sánchez Cantón (Pontevedra).

Ensinanza: 

Colectivo: 

Sección: 

A diversidade lingüística e cultural do Camiño de Santiago protagoniza un congreso que congregará expertos de diversos puntos de Europa

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria e o conselleiro de Cultura e Turismo inauguraron esta tarde o evento, que terá lugar entre hoxe e mañá

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración con outras institucións de España e de Europa, promove o recoñecemento da diversidade lingüística e do idioma propio de Galicia a través desta iniciativa

O congreso poderá seguirse en directo a través de internet

Gallego
Xesús Vázquez e Roberto Varela inauguraron hoxe o congreso "As linguas e cultura
Xesús Vázquez e Roberto Varela inauguraron hoxe o congreso "As linguas e culturas do Camiño de Santiago de Compostela: Presente e futuro"

A diversidade lingüística e cultural do Camiño de Santiago protagoniza un congreso na capital galega que congregará, entre hoxe e mañá, numerosos expertos na materia de diversos puntos de Europa.

As Linguas e Culturas do Camiño de Santiago de Compostela: Presente e Futuro é o título da iniciativa, que foi inaugurada esta tarde polo conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez; polo conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela; e polo secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, no Museo Pedagóxico de Galicia. No acto tamén participaron o director do Euskarabidea (Instituto Navarro do Éuscaro), Maximino Gómez, e o director de proxectos culturais da Axencia Executiva do ámbito Educativo, Audiovisual e Cultural da Unión Europea, Eugenio Delfino.

A contribución de Galicia á diversidade europea

Durante o acto, Xesús Vázquez presentou os idiomas “como o instrumento de maior alcance para a preservación e o desenvolvemento da herdanza cultural”. Por iso asegurou que toda iniciativa que promova a súa supervivencia e difusión favorecerá, xunto co  pluralismo lingüístico, a riqueza da diversidade cultural. Segundo explicou, este é o horizonte cara a onde avanza este congreso. “E faino –dixo– a través dunha das principais vías europeas, o Camiño de Santiago”. “Galicia, como meta desa viaxe, quere contribuír nesta dirección poñendo en valor o seu idioma propio, o galego”, afirmou.

O conselleiro de Educación tamén recordou que máis da metade da poboación mundial é bilingüe, “o que facilita a aprendizaxe doutras linguas, mellora os procesos cognitivos e promove a tolerancia e o respecto entre culturas”. Finalmente, incidiu en que “está na nosa man fomentar e poñer en valor a diversidade cultural do continente europeo que nos caracteriza e enriquece, facendo especial fincapé na protección das linguas minoritarias”.

O Camiño, fonte inesgotable de enriquecemento cultural

Pola súa banda, Roberto Varela destacou que o Camiño de Santiago “tivo un grande influxo na consolidación do galego como vehículo literario e contribuíu decisivamente ao prestixio e espallamento da nosa lírica medieval”. O conselleiro fixo fincapé no feito de que “nas rutas xacobeas a variedade lingüística nunca exerceu de impedimento para a comunicación”, ao contrario, segundo asegurou, “sempre foi fonte inesgotable de enriquecemento cultural”.

O conselleiro subliñou, ademais, que “hoxe, oito séculos despois de que o trobador occitano Rimbaldo escribira os seus versos, o Camiño vive un novo momento de esplendor histórico”. Neste sentido, lembrou que na Baixa Idade Media o contacto coa pluralidade cultural das vías de peregrinación fomentou o intercambio e reforzou a nosa conciencia como pobo.

Sobre o momento actual, destacou que “estamos a comprobar que o paso do tempo non ten minguado esa fortaleza do Camiño como dinamizador cultural e símbolo da identidade e dos galegos”. Para rematar o seu discurso, Roberto Varela destacou que “ao longo da súa historia, foi testemuña privilexiada do nacemento de nación, idiomas, costumes e movementos artísticos”. Por último, lembrou as palabras de Álvaro Cunqueiro, que aseguraba que “o Camiño ten don de linguas, porque ten don de xentes e de cultura”.

Proxecto europeo

O congreso enmárcase no proxecto Camiño das culturas e das linguas, que a Secretaría Xeral de Política Lingüística está a realizar no marco do programa Cultura 2007-2013 da Unión Europea. Para desenvolver a iniciativa conta coa colaboración de diversas institicións de España e de Europa, entre as que se inclúen o Instituto Navarro do Éuscaro, a Oficina da Lingua Bretoa, a Universidade alemá de Kiel, o Eurocat e a Academia do Aragonés.

Presente e futuro do galego

O académico Xesús Alonso Montero foi o encargado de ofrecer a conferencia inaugural do congreso, na que abordou o presente e o futuro da lingua galega. Entre hoxe e mañá, haberá tamén diversas intervencións nas que se tratarán temas como a historia común das linguas e culturas de diferentes rexións polas que atravesa o Camiño, a diversidade cultural, o plirilingüismo e a promoción das linguas minoritarias desde as institucións.

Expertos en linguas minoritarias de diversos puntos de Europa danse cita neste congreso para expoñer e valorar a situación actual e os desafíos que afrontan linguas e culturas como a galega, a bretoa, a éuscara ou o occitana. Os diversos relatorios e mesas redondas que conforman o congreso poden seguirse en directo a través de internet desdeo sitio web http://www.xunta.es/linguagalega/congreso_as_linguas_e_culturas_do_camino. Nel tamén está accesible o programa completo do congreso, no que participan máis de 100 persoas.

Máis de 7.000 linguas

No mundo fálanse máis de 7.000 linguas, a maioría delas, en Asia e en África, que son os continentes con maior densidade lingüística do planeta. No caso de Europa fálanse máis de 200 idiomas e a maioría dos países deste continente posúen linguas rexionais ou minoritarias.

Sección: 

Plan Anual de Formación do Profesorado para o curso 2011/2012

O Plan Anual de Formación do Profesorado para  o curso 2011/2012 integra a oferta de actividades de formación e responde ás necesidades e demandas do profesorado ao que vai dirixido, así como ás estratexias, plans e programas que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria prioriza..

 

 

 

 

Gallego
Plan Anual de Formación do Profesorado 2011/2012

XXVII Premios "Francisco Giner de los Ríos" á mellora da calidade educativa

Resolución de 29 de setembro de 2011, da Secretaría de Estado de Educación E Formación Profesional, pola que se conceden os XXVII Premios "Francisco Giner de los Ríos" á mellora da calidade educativa.

 

 

 

Gallego
Premios Giner de los Ríos

Sección: 

Celebración do congreso “As Linguas e Culturas do Camiño de Santiago de Compostela: presente e futuro”

Os días 21 e 22 de outubro de 2011 celébrase o congreso “As Linguas e Culturas do Camiño de Santiago de Compostela: presente e futuro” no Museo Pedagóxico de Galicia.
A situación actual e os desafíos das linguas e das culturas minoritarias que se vertebran ao redor do Camiño protagonizan esta xuntanza. Nela trataranse cuestións relativas á historia común de diversas linguas e culturas minoritarias en Europa, analizaranse as súas situacións actuais e reflexionarase sobre os principais desafíos que deberán afrontar para proxectarse cara ao futuro.
O congreso enmárcase no proxecto Camiño das culturas e das linguas. Diversidade lingüística e cultural no Camiño de Santiago de Compostela, que a Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración con outras institucións de diversos territorios de España e de Europa, está a realizar dentro do programa Cultura 2007-2013 da Unión Europea. O web www.camino-eu.com inclúe información sobre todas as iniciativas que se promoven no marco do proxecto, entre as que, ademais do congreso, tamén se encontra unha exposición sobre as linguas e as culturas no Camiño, que pode visitarse ata o 24 de outubro no Museo Pedagóxico de Galicia.

Gallego
Congreso “As Linguas e Culturas do Camiño de Santiago de Compostela: presente e

Tema: 

Sección: