Preguntas frecuentes

Que é SEMGAL?

SEMGAL é un programa de formación e mentorización do profesorado galego nos propios centros, desenvolto pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade para mellorar os rendementos educativos mediante a detección e a promoción do talento do alumnado nas aulas. É un modelo de enriquecemento escolar baseado no SEM (Schoolwide Enrichment Model) dos doutores Joseph S. Renzulli e Sally M. Reis, integrado no currículo e adaptado á realidade educativa galega.

Que é o modelo SEM?

O modelo SEM é un plan organizativo de enriquecemento e intervención educativa que permite a todo o alumnado mellorar as súas experiencias de aprendizaxe e aumentar o seu rendemento, desenvolvendo ao máximo as súas potencialidades.
Este enriquecemento, pensado para todo o alumnado, acádase a través do uso de experiencias de aprendizaxe desafiantes que se constrúen en torno aos intereses do alumnado, aos seus estilos de aprendizaxe e aos modos preferidos de expresión. 
O SEM procura un modelo de ensino que permite a resolución de problemas do mundo real, onde a aprendizaje personalizase e finaliza coa creación dun produto ou servizo que posteriormente se poida presentar.

En que etapas educativas se pode levar a cabo SEMGAL?

Vinculado na súa orixe cos programas TALENTO 3.0 (2013-2016) e PITEAS (2016-2019), o proxecto SEMGAL incorpora actualmente centros educativos de diversos perfís, que inclúen alumnado de distintas etapas do ensino non universitario galego.
O programa, baseado na inclusión educativa e na atención á diversidade, procura  un cambio metodolóxico real que faga posible a detección e o fomento do talento de todo o alumnado. Deseñándose e desenvolvéndose proxectos en aula/centro que, estarán perfectamente integrados na programación de aula e enmarcados no currículo de Galicia en todas as etapas educativas.

A quen vai dirixido o programaSEMGAL?

Aos centros sostidos con fondos públicos que escolarizan alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Especial e Educación Secundaria Obrigatoria.

Este programa educativo ten comprobada a súa efectividade?

Hai unha traxectoria de investigación de décadas que demostran claramente a súa eficacia e electividade noutros paises e, fundamentalmente, en EEUU. A nosa comunidade autónoma é pioneira en Europa e logo da experiencia realizada ao longo de catro anos de posta en práctica do modelo amósase que:

  • O alumnado mellora no rendemento intelectual e incrementa a súa creatividade.

  • As familias participan activamente nas actividades das escolas.

  • Increméntase a interacción con diferentes axentes sociais.

Estamos a desenvolver outro tipo de metodoloxías e programas escolares no noso centro. É compatible e viable engadir outro elemento máis?

Si. O modelo SEM non é unha metodoloxía que debamos seguir dun xeito pechado e único. É un novo paradigma educativo, un modelo que se adapta á nosa realidade de aula e a moitas das ferramentas ou programas que xa empregamos nas nosas aulas. Non é preciso mudar o que facemos, o SEM axúdanos a organizar a nosa práctica, cuns elementos comúns e outros que se adaptan á realidade de cada centro ou aula.

Pódese poñer en práctica individualmente dentro dun centro? Xorden moitas dúbidas por parte dos equipos docentes?

Malia que o ideal é que a maior parte do claustro poida ser coñecedor deste modelo, pódese aplicar nunha aula únicamente. A experiencia avala que o alumnado que comeza a traballar deste xeito amosa moito máis motivado cara ás tarefas e á súa aprendizaxe. En consecuencia, o profesorado que incorpora este modelo no desenvolvemento das súas clases transmite o seu entusiasmo polos resultados obtidos logrando que outros docentes do centro se animen paulatinamente a poñelo en práctica.

O profesorado que se inicia no SEMGAL que vivenzas ten?

Ao comenzo do traballo co programa o profesorado pode sentirse inseguro, parecerlle un sistema complexo, pero na realidade é moi versatil e adáptase á forma de traballo de cada docente. Ademáis, a través da formación e mentorización, os/as docentes van estar sempre acompañados ao longo do proceso de posta en práctica do modelo.

SEMGAL permite cumprir co currículo?

As últimas reformas educativas e a Comisión Europea falan dunha aprendizaxe competencial, ligado á realidade. Neste modelo promóvese o desenvolvemento das competencias en todo o alumnado, e permite organizar a programación do ensino de forma que se poidan impartir os diferentes contidos e acadar os obxectivos fixados no currículo de cada área e etapa educativa.

É moi difícil levar a termo este plantexamento de traballo con grupos de 25 - 30 alumnos/as?

Aínda que inicialmente poida parecer complicada a xestión dun grupo, a experiencia amosa que o traballo é progresivamente máis autónomo por parte do alumnado, e o rol do docente convértese nun acompañante, facilitador e dinamizador da aprendizaxe. Evidentemente, canto máis baixa sexa a ratio, máis personalizada será a atención que poida recibir cada estudante. O desenvolvemento da autonomía no alumnado permite ademáis fomentar a aprendizaxe entre iguais, polo que a/o docente non é a única persoa na cal se apoia o proceso.

E despois de traballar así, que sucede co alumnado cando pasa de etapa?

As aprendizaxes acadadas grazas ao modelo SEM van máis alá dos contidos. Ofrecemos ao alumnado un desenvolvemento competencial, no que as súas destrezas van seguir non só nos cambios de etapas, senón no seu día a día. As destrezas acadadas polo alumnado son ferramentas que lle permitirán avanzar en moitos ámbitos tanto académicos como persoais. Independentemente de cales sexan os estilos de instrucción que atope posteriormente, o alumnado disporá de máis recursos para entender mellor os procesos de aprendizaxe.

SEMGAL é o mesmo que aprendizaxe por proxectos?

Certo é que o SEM aproveita as potencialidades de moitas outras ferramentas coma a aprendizaxe baseado en proxectos, o traballo cooperativo ou aprendizaxe baseado no pensamento sendo recomendable empregar diferentes opcións que enriquezan a aprendizaxe. O SEM é un marco aberto e flexible que permite empregar diferentes técnicas, pero á súa vez ten unha estructura que facilita a organización da práctica docente.

O SEM naceu como un modelo de aplicación en alumnado de altas capacidades. Que pasa co resto de alumnado?

Na súa orixe o modelo estaba ligado ao alumnado con altas capacidades. Coa experiencia de traballar coa totalidade do grupo que se levou a cabo en Galicia, amosase que é un modelo que beneficia a todo o alumnado, independentemente das súas características persoais. A experiencia en Galicia foi realizada en centros de diferentes tipoloxías, cuns resultados moi bos en termos de inclusión educativa.

Existe unha rede de centros SEMGAL?

Os centros que despois de rematar o primeiro ano de formación e que deciden seguir afondando no modelo intégranse na rede de centros SEMGAL. Isto lles da acceso á formación no centro e a toda a que sexa organizada a nivel de autonomía e a participar anualmente na Feira de Proxectos.

Na actualidade son 36 os centros que están participando no programa.

Cal é a duración do programa e en qué consiste?

A formación do programa desenvólvese ao longo de tres cursos académicos, precedido dunha formación inicial de toma de contacto para os centros aspirantes.

A intervención nos centros inclúe un curso de formación xunto cun grupo de traballo ou seminario.

A mentorización constitúe un acompañamento do profesorado na posta en práctica dos proxectos na aula.

Estas actividades compleméntanse con Xornadas de Formación Anual para o profesorado e encontros de persoas coordinadoras.

Unha vez rematados este proceso, os centros deciden seguir ou non dentro da rede.

Como podemos acceder ao programa SEMGAL?

Os centros interesados en coñecer o programa SEMGAL, participarán na convocatoria de Proxectos de Formación en centros (PFPP) indicando que desexan realizar un achegamento ao programa SEMGAL. ( Ver apartado de Formación )