Formación SEMGAL

A formación do programa SEMGAL parte do coñecemento do modelo SEM e de todos aqueles recursos necesarios para desenvolver o enriquecemento da aprendizaxe.

Está deseñada para desenvolver ao longo de catro anos:

Ano 0: “Achegamento ao programa SEMGAL”. Formación que ten como finalidade que os centros coñezan o modelo SEM e a realización de pequenas experiencias e/ou actividades de aula. Ao longo de este primeiro curso os/as asistentes terán dentro dun PFPP un curso de formación e un seminario, ou grupo de traballo.

Se o centro está interesado en incorporarse á rede de centros SEMGAL, no curso seguinte, deberán participar na convocatoria de Contratos-Programa e continuar cun PFPP co compromiso de permanencia de alomenos, tres anos, previo acordo de claustro. Isto esixe a necesidade de realizar accións ou proxectos  co alumnado.

Ano I: Iniciación ao programa SEMGAL

Ano II: Afondamento no programa SEMGAL

Ano III: Sostibilidade do programa SEMGAL

Ao longo destes tres cursos, ademáis do curso de formación no centro, no desenvolvemento do seminario contarase cunha persoa mentora que acompañará e asesorará sobre o desenvolvemento das actividades realizadas nas aulas.

Unha vez rematados os tres anos, os centros poden seguir na rede de centros SEMGAL o que lles permite seguir formándose en aspectos complementarios para o desenvolvemento dos seus proxectos e nas actividades que se realizan anualmente a nivel autónomico (xornadas formativas e a feira de proxectos no que cada centros amosa os proxectos máis salientables realizados ao longo do curso).