Publicación dos premios ás boas prácticas de innovación educativa 2013 [1]
Enviado por portalcafi a Mér, 26/03/2014 - 13:21Publícase unha selección dos proxectos premiados referentes á Resolución o 12 de setembro de 2013 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se convocan premios ás boas prácticas de innovación educativa desenvolvidas durante o curso escolar 2012-2013. [2]
Pretendemos así dar publicidade a aquelas boas prácticas innovadoras premiadas que se desenvolveron nos centros educativos galegos durante o curso 2012-2013 e que supuxeron unha mellora da calidade do ensino.
- Modalidade A: Mellora da convivencia nos centros educativos galegos.
1º premio: IES Afonso X O Sabio, Cambre, A Coruña (Un modelo de convivencia) [3]
2º premio: CEIP de Cespón, Boiro, A Coruña (Bos días princesa) [4]
Accésit: CMUS Profesional de Vigo, Pontevedra (Unha proposta de modelo organizativo de Centro no contexto do século XXI) [5]
- Modalidade B: Atención á diversidade.
1º premio: IES Plurilingüe de Ames, A Coruña (Proxecto Eslabón. Viaxe no tempo. O musical 2011-13) [6]
2º premio: CEIP de Oza dos Ríos, A Coruña (O blog da aula de AL: "Falando enténdese a xente...") [7]
Accésit: IES Luís Seoane, Pontevedra (Con-vivindo con-arte) [8]
- Modalidade C: Uso innovador das tecnoloxías da información e da comunicación que introduzan cambios metodolóxicos.
1º premio: IES Manuel García Barros, A Estrada, Pontevedra (Dives Gallaecia) [9]
2º premio: IES de Sabón, Arteixo, A Coruña (Aplicación dos códigos QR en contornos educativos) [10]
Accésit: CEIP A Rúa, Cangas, Pontevedra (Utilización de Google Sites na metodoloxía de traballo por proxectos) [11]
- Modalidade D: Desenvolvemento das competencias básicas.
1º premio: IES Plurilingüe Fontem Albei, A Fonsagrada, Lugo (Aprendizaxe por proxectos no desenvolvemento das CCBB) [12]
2º premio: IES Carlos Casares, Viana do Bolo, Ourense (A adquisición das competencias básicas como unha realidade multidisciplinaria) [13]
Accésit: CEIP Santa María do Valadouro, O Valadouro, Lugo (Competentes coas competencias!) [14]
- Modalidade E: Mellora da aprendizaxe e do uso da lingua galega.
1º premio: IES Félix Muriel, Rianxo, A Coruña (Rianxo fala) [15]
2º premio: IES Perdouro, Burela, Lugo (Modelo Burela) [16]
- Modalidade F: Mellora da aprendizaxe e do uso das linguas estranxeiras.
1º premio: CEIP Wenceslao Fernández Flórez, Cambre, A Coruña (Uso das TICs nas seccións bilingües) [17]
2º premio: EEI Concepción Crespo Rivas, Pontevedra (I can travel around the World with english) [18]
- Modalidade G: Iniciativas de emprendemento e/ou de innovación metodolóxica na Formación Profesional.
1º premio: CIFP Ánxel Casal-Monte Alto, A Coruña (Inclusión do alumnado con deficiencia auditiva. Acústica das aulas e acceso á linguaxe oral) [19]
2º premio: IES Leixa, Ferrol, A Coruña (Proxectos colaboración) [20]
