G1301014: Formación profesional a distancia I: programación

Vai comezar unha nova edición do itinerario formativo "Formación profesional a distancia", neste caso o primeiro módulo dos tres cos que conta este itinerario: "Formación profesional a distancia I: programación".
Mér, 26/06/2013 - 14:29
fp a distancia

Vai comezar unha nova edición do itinerario formativo "Formación profesional a distancia", neste caso o primeiro módulo dos tres cos que conta este itinerario: "Formación profesional a distancia I: programación".

Esta actividade aínda que forma parte do plan anual, ten varias singularidades que a diferencian do resto das actividades ofertadas:

  • É un itinerario formativo, é dicir, para poder ser admitido en cada módulo hai que haber superado previamente o módulo anterior.
  • É unha actividade na que teñen preferencia o profesorado que vai a impartir algún módulo na FP a distancia. Polo que na selección de participantes terá preferencia o profesorado destinado nos centros e departamentos que impartirán FP a distancia.
  • É unha actividade estratéxica do Servizo de Ordenación e Formación Profesional , e como tal eles mesmos, ademais de participar como relatores, son responsables do:
    • establecemento da temporalización das 3 actividades
    • elaboración dos contidos, obxectivos e da estrutura e duración das actividades.
    • selección dos relatores
    • admisión dos participantes
    • establecemento dos criterios para a superación da actividade

Xa que o Servizo de Ordenación e FP estableceu que este itinerario formativo debe finalizar antes do comezo das clase de FP a distancia de cada curso escolar, o primeiro módulo debe comezar en Xullo. Coma para entón aínda non está feita a asignación de módulos entre os profesores dos centros educativos galegos, non é posible admitir só aos profesores que efectivamente vaian a impartir na FP a distancia no próximo curso. Para na medida do posible tentar aproximarse a parte deste colectivo, é preciso que os Departamentos remitan ao CAFI durante o mes de xuño o formulario de establecemento de preferencias para as actividades de formación para "G1301014 - Formación profesional a distancia I: programación", dándolle preferencia na mesma ao profesorado do departamento funcionario e con destino definitivo que o próximo curso teñan o compromiso de impartir na FP a distancia.

Se seleccionará aos/ás candidatos/as para a cubrir as 50 prazas dispoñibles da listaxe dos inscritos en fprofe, dándolle prioridade ao profesorado dos centros e departamentos da FP a distancia, e dentro deles primeiramente a aqueles que figuren nas follas de preferencias recibidas dentro do prazo establecido. Estes candidatos/as deberán ser confirmados/as polo Servizo de Ordenación e FP para poder ser finalmente seleccionados/as para a súa admisión.

Data de comezo: 8 de xullo

Data de finalización: 30 de xullo

Lugar de celebración: PLATEGA

Número de horas totais: 30 horas

Ligazón a fprofe: https://www.edu.xunta.gal/fprofe/procesaConsultaPublica.do?DIALOG-EVENT-ver=ver&cod_actividade=54393

Ligazón á aula virtual: http://www.edu.xunta.es/platega/course/view.php?id=1851