Revista de educación
Lun, 17/06/2013 - 19:55
A REVISTA DE EDUCACIÓN é unha publicación científica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte español.
Cada ano publícanse catro números con tres seccións: Investigacións, Ensaios e Reseñas.
Fundada en 1940, e mantendo o título de Revista de Educación desde 1952, é unha testemuña privilexiada da evolución da educación nas últimas décadas, así como un recoñecido medio de difusión dos avances na investigación e a innovación neste campo, tanto dende unha perspectiva nacional como internacional.
Preme na imaxe e poderás descargar a publicación: