Convocatoria 'Nós tamén creamos!', até o 1 de marzo de 2013

Tres premios para curtas de animación en galego
Dom, 21/10/2012 - 10:12
'Nós tamén creamos!'

Convocatoria conxunta da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se aproban as bases e se convoca o premio a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa 'Nós tamén creamos!' en centros de infantil e primaria de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no curso académico 2012/2013.

Colaboran a Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG) e OQOeditora.

Pódese atopar o texto da convocatoria e o modelo de inscrición na seguinte ligazón: http://www.xunta.es/linguagalega/convocatorias_de_premios