Título node Learning object
O IES San Clemente de Santiago e o IES Miguel Ángel González Estévez de Vilagarcía gañan o primeiro premio europeo eTwinning 2013 para alumnado de 16 a 19 anos
Xov, 14/02/2013 - 13:32
O proxecto Pek, the Traveller Flea 3 - Evolution acaba de acadar o primeiro premio do programa europeo eTwinning 2013 na categoría de alumnado de 16 a 19 anos. Esta iniciativa, liderada desde o IES San Clemente de Santiago de Compostela, conta coa participación de centros educativos de 7 países coa coordinación do seguinte profesorado:
- Muriele Dejaune, Lycée des métiers Louis Blériot, Trappes, Francia
- Marcos Vence Ruibal, IES San Clemente - Compostela, Santiago de Compostela, España
- Alessandra Pallavicini, ISIS Galilei, Gorizia, Italia
- Bruna Giacosa, Liceo Classico "S. G. Calasanzio", Carcare (SV), Italia
- Ciro Sánchez Suárez, IES Miguel Ángel González Estévez, Vilagarcía de Arousa, España
- Hulya Erturk, KERİMBEY İ.O, SAMSUN, Turquía
- Javier Arza Fernández, IES "Rey Don García", Nájera, España
- Keri Georgieva, NGXNI "Konstantin Preslavski", Varna, Bulgaria
- Lina Maria Pereira, Escola Secundária de Gama Barros, Cacém, Portugal
- Ludmila Kosíková, Střední škola průmyslová a umělecká , Hodonín, República Checa
- Meltem Bílgiç, Gökçe Karaoğlan İlköğretim Okulu, Samsun, Turquía
- Montserrat Ansótegui, IES "Rey Don García", Nájera, España
- Yordanka Simeonova, SOU "Georgi Izmirliev", Gorna Oryahovitsa, Bulgaria
Os principais obxectivos deste proxecto son:
- Aprender sobre culturas e linguas europeas.
- Aprender a crear historias de xeito cooperativo e convertelas en comics.
- Aprender a deseñar obxectos de merchandising.
- Aprender a usar ferramentas de software como buscadores web, foros, wikis, blogs, editores de texto, editores de imaxes, etc.
- Usar software libre: LibreOffice, GIMP e Scribus.
O produto final é un cómic multilingüe que se pode consultar pulsando no arquivo pdf incluído abaixo ou en internet pulsando aquí.