Convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2025/26
Lun, 05/05/2025 - 10:59
Resolución do 23 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para a incorporación de novas seccións bilingües en centros sostidos con fondos públicos de ensino non universitario para o curso 2025/2026.
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 31 de maio de 2025.
Acceso á aplicación informática do Programa Seccións Bilingües: https://www.edu.xunta.gal/programaseducativos/