Programa Picasso Mob de intercambio individual de alumnado con alumnado de centros da Région Académique de Bourgogne-Franche Comté (Francia) no curso 2025/26

Mér, 30/04/2025 - 15:45
Galemundo

Achégase resolución de convocatoria e selección de centros e alumnado matriculado en centros públicos de ensino non universitario da Comunidade Autónoma de Galicia para participar no programa Picasso Mob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado matriculado en centros pertencentes á Région Académique de Bourgogne-Franche Comté (Francia) durante o curso 2025/2026.

O prazo para a presentación de solicitudes será de 20 días naturais, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución.

A solicitude realizarase a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/portada).