Convocatoria e instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2025/26

Mar, 22/04/2025 - 10:47

Xúntase a Resolución do 7 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2025/26.

O prazo de presentación das solicitudes comprenderá desde o día 23 de abril de 2025 ata as datas especificadas a continuación para cada caso:

  • Nas ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática o prazo rematará o 16 de xuño de 2025.
  • Nas ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais o prazo rematará o 6 de xuño de 2025.
  • Nas ensinanzas artísticas superiores de Deseño o prazo rematará o 6 de xuño de 2025.
  • Nas ensinanzas artísticas superiores de Música o prazo rematará o 23 de maio de 2025.

A tramitación e a publicación de listaxes xeradas en relación con este procedemento farase a través desta aplicación informática: https://www.edu.xunta.gal/eas/