S2301109 - Atletismo na escola. Habilidades básicas e específicas

Dirixido a mestres da especialidade de Educación Física
Mér, 03/01/2024 - 17:43
Atletismo na escola. Habilidades básicas e específicas

Educación Física entra en escena neste trimestre. A través da actividade S2301109 - Atletismo na escola. Habilidades básicas e específicas, os mestres da especialidade de Educación Física poderán actualizar os seus contidos e metodoloxías no relativo a este tradicional deporte.

Relator:

  •  Santiago Ferrer Alonso

Horario:

  • 11, 18 e 25 de abril (16:30 a 20:30 horas).
  •  a última das sesións desenvolverase, nunha data que se fixará na xornada inaugural, e co alumnado de cada docente participando.

 

Obxectivos

1. Coñecer o atletismo e as súas posibles adaptacións ao ámbito escolar.

2. Aprender as progresións didácticas de diferentes modalidades técnicas.

3. Implementar a práctica do atletismo en contextos deportivos escolares.

 

Contidos

1. Programa Xogade. Atletismo en pista.

2. Normativa básica do atletismo adaptada a alumnado de primaria.

3. Progresión didáctica de diferentes modalidades atléticas.

4. Propostas didácticas para a iniciación ao atletismo.

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI