Título node Learning object

VIII Xornada de Onomástica Galega: ampliación de prazo
Mar, 26/09/2023 - 08:14
Imaxe

A Real Academia Galega celebra o 21 de outubro no Museo de Pontevedra a VIII Xornada de Onomástica Galega, dedicada á relación entre a onomástica e a cultura popular. O encontro organízase coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra.

Para asistir é necesario formalizar a inscrición enviando un correo electrónico a publicacions@academia.gal antes do 18 de outubro seguindo as indicacións que se especifican no programa.

As sesións poderán seguirse en directo dende academia.gal.