VIII Xornada de Onomástica Galega: ampliación de prazo [1]
Enviado por boletin a Mar, 26/09/2023 - 08:14A Real Academia Galega celebra o 21 de outubro no Museo de Pontevedra a VIII Xornada de Onomástica Galega, dedicada á relación entre a onomástica e a cultura popular. O encontro organízase coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Museo de Pontevedra.
Para asistir é necesario formalizar a inscrición enviando un correo electrónico a publicacions@academia.gal [2] antes do 18 de outubro seguindo as indicacións que se especifican no programa.
As sesións poderán seguirse en directo dende academia.gal [3].
File:
Tema:
Sección: