Título node Learning object

Noite Galega das Persoas Investigadoras G-NIGHT
Xov, 21/09/2023 - 09:21
Imaxe

A Universidade da Coruña, a través da Unidade de Divulgación Científica e Cultural, súmase unha vez máis á iniciativa da Noite Europea das Persoas Investigadoras.

A Noite Europea das Persoas Investigadoras é un evento de divulgación científica que se celebra de xeito simultáneo en cidades de toda Europa o último venres de setembro. Neste ano terá lugar o 29 de setembro do 2023 baixo o título da Noite Galega das Persoas Investigadoras G-NIGHT, coordinadas as tres universidades galegas e outros centros de investigación galegos en colaboración cos museos e concellos das seguintes cidades: A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago e Vigo.

Durante a xornada teredes oportunidade de participar en obradoiros, charlas divulgativas, teatro, rutas científicas, experimentos, conferencias, dirixidas para todo tipo de público: infantil, xuvenil, familiar, escolar, adulto, etc., independentemente da súa formación e coñecementos.

Pódese consultar a oferta de todas as actividades na web https://gnight.gal/.