Título node Learning object

10ª Edición de "Compositoras nas Aulas"
Ven, 15/09/2023 - 11:00
Imaxe

A Asociación Mujeres en la Música presenta a X Edición do Ciclo "Compositoras nas Aulas", que continúa na súa colaboración mutua co Women's Legacy Project, proxecto europeo para a inclusión das mulleres protagonistas da Historia e a Cultura nos contidos educativos.

Ademais, convidan a participar con todas aquelas actividades relacionadas con compositoras que o profesorado teña programado realizar durante o curso 2023-2024, desde concertos e audicións ata charlas, exposicións, concursos ou calquera outro proxecto de carácter pedagóxico enfocado ao alumnado, incluíndo -no seu caso- a elaboración de fichas para o banco de recursos musicais de Women's Legacy, sendo tamén positiva e moi benvida a participación do propio profesorado.

Como guía para o traballo, facilitan as seguintes ligazóns:

www.mujeresenlamusica.es/catalogos

www.mujeresenlamusica.es/catalogos-amm-compositoras

Novos catálogos

https://www.mujeresenlamusica.es/como-subir-arranxos-a-imslp/

Ademais, nesta 10ª Edición continúan coa colaboración co Women's Legacy Project, que este ano lanzou a proposta formativa "Seminario de formación/Grupo de traballo/Cursos en centros: músicas e compositoras renacentistas e barrocas para as aulas", coa que colaboran a través do seu catálogo de repertorio de compositoras. Para máis información pódese escribir a formacionmusicawl@gmail.com ou acceder a esta ligazón.

Carta de Igualdade

Tamén nesta X Edición queren premiar o compromiso responsable coa Igualdade de Xénero dos centros e a súa participación de anos en "Compositoras nas Aulas", recoñecéndolles o grao e firma da Carta de Igualdade, de continuidade do marabilloso traballo que se realiza. Esta Carta valora un grao cada tres anos, con estas formas de participación:

  1. Envío de materiais para as edicións de "Compositoras nas aulas".
  2. Opcional, pero moi importante e valorable desde o punto de vista divulgativo: publicación en redes das súas actividades en prol da Igualdade de Xénero na música e máis concretamente, en torno ao repertorio de compositoras.
  3. Opcional, pero moi importante e valorable desde o punto de vista da ampliación de contidos: formación do profesorado, participación no Catálogo Colaborativo de Compositoras da AMM.

Cara o final de curso contactarán con aqueles centros aos que corresponda este recoñecemento, dándolles visibilidade na sección web do Proxecto "Compositoras nas Aulas", así como en cursos sucesivos con aqueles que se vaian incorporando.