Título node Learning object

Programa "Roteiros científicos, artísticos e literarios"
Ven, 08/09/2023 - 10:39

Este programa educativo pretende, ademais de dar continuación aos coñecementos recibidos polo alumnado na aula, mellorar e presentar de forma máis atractiva a formación recibida nos seus respectivos centros, a través de contornas máis experimentais e visuais.
Isto favorecerá non só á súa formación artística, literaria, científica, cultural, histórica, ambiental e social, senón tamén ao seu desenvolvemento integral.

DESTINATARIOS:

Alumnado de centros docentes españois sostidos con fondos públicos, que cursen algunha das seguintes enseñanazas distribuídas nos siguinetes niveis:

  • 5º e 6º Educación Primaria.
  • 1º e 2º Educación Secundaria Obrigatoria.
  • 3º e 4º Educación Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional Básica.
  • Ciclos Formativos de Grao Medio de Formación Profesional, Ciclos Formativos de Grao Medio de Ensinos Artísticos e Bacharelato.
  • Educación Básica Obrigatoria e Transición á Vida Adulta.

NÚMERO DE PRAZAS:

Convócanse axudas para participar 120 grupos de alumnos/as, compostos cada un por un número comprendido entre 20 e 24 alumnos/as e 2 profesores/as dos que habitualmente lles imparten clase, incluíndo se é posible un titor/a. Os grupos de alumnado con necesidades educativas especiais, estarán compostos entre 10 e 18 alumnos/as e incorporarán un ou dous profesores/as máis. A distribución será a seguinte:

  • 5º e 6º de Educación Primaria: 28 grupos.
  • 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria: 28 grupos.
  • 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria e Formación Profesional Básica: 30 grupos.
  • Ciclos Formativos de Grao Medio de Formación Profesional, Ciclos Formativos de Grao Medio de Ensinos Artísticos e Bacharelato: 28 grupos.
  • Educación Básica Obrigatoria e Transición á Vida Adulta: 6 grupos.

REQUISITOS:

  • Cursar estudos de 5º e 6º de Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional Básica, Bacharelato, Ciclos de Grao Medio de Formación Profesional, Ciclos de Grao Medio de Ensinos Artísticos, Educación Básica Obrigatoria, Transición á Vida Adulta.
  • A idade máxima de participación do alumnado será de 21 anos.
  • Organizar grupos de 20 a 24 alumnos/as. Os grupos de centros de Educación Especial poderán constituírse cun mínimo de 10 alumnos/as e un máximo de 18 alumnos/as. Co fin de poder dar resposta adecuada á especificidade destes grupos de Educación Especial, estes estarán compostos como máximo por 10 alumnos/as con mobilidade reducida, 3 dos cales poderán presentar unha discapacidade motora severa (desprazamentos en cadeira de rodas).

DOTACIÓN:

Participación gratuíta na actividade que terá unha duración de sete días, incluídos os días de viaxe.

O traslado dos participantes desde o seu lugar de residencia ata o punto de inicio do roteiro e viceversa, non está incluído na axuda e corre por conta dos interesados/as.

 

PRAZO DE SOLITUDES: do 25 de agosto ao 25 de setembro de 2023.