Relación definitiva de admitidos e excluídos, de puntuacións definitivas e de proposta de adxudicación definitiva correspondente ao concurso específico de méritos de prazas sometidas a convenio ou a programas específicos no curso 2023/2024

Mar, 01/08/2023 - 13:08

Xúntase a Resolución do 1 de agosto de 2023 pola que se aproban e se fan públicas a relación definitiva de admitidos e excluídos, as puntuacións definitivas e a adxudicación definitiva correspondente ao concurso específico de méritos para prover postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería, convocado mediante a Orde do 15 de xuño de 2023 (DOG n.º 121, do 27 de xuño).

Unha vez publicada no DOG a Orde pola que se resolve a adxudicación definitiva, as persoas interesadas disporán dun prazo de un mes para formular recurso de reposición contra a dita Orde.