Convocatoria concurso específico de méritos 2023-2024 de prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería

Mar, 27/06/2023 - 09:02

Publícase a Orde do 15 de xuño de 2023 pola que se convoca concurso específico de méritos entre persoal funcionario de carreira e en prácticas dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para prover postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.

 

Prazo de presentación de solicitudes: desde MAÑÁ mércores día 28 de xuño ata o día martes 4 de xullo de 2023, ambos incluídos.

Como cubrir a solicitude de inscrición:

1º. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A&ano=2017&numpub=1&lang=gl

2º. Premer na icona “Tramitar en liña”

Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base quinta da orde de convocatoria).

3º. No dito formulario da solicitude debe cubrirse tendo en conta os seguintes termos:

-No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: SOLICITUDE PARTICIPACIÓN CONCURSO ESPECIFICO CONVENIOS 23-24

-No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

4º. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación (Solicitude de participación, folla de autobaremación e proxecto de traballo), asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

5º. Lembre que deberá anexar coa solicitude a restante documentación establecida na precitada orde.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da solicitude, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procedemento PR004A.

 

 No caso do persoal solicitante co expediente sen actualizar, deberá ademais cumprimentar e presentar o procedemento ED011A, premendo aquí, no mesmo prazo habilitado para a presentación de solicitudes

 

Menú Advertisement

Comisións de servizo

Sen términos