Título node Learning object

Propostas educativas no Museo Etnográfico de Grandas de Salime "Pepe o Ferreiro"
Mar, 21/03/2023 - 10:22
Imaxe

O Museo Etnográfico de Grandas de Salime "Pepe o Ferreiro" presenta unha serie de propostas educativas dirixidas a escolares que poden resultar de interese para os centros educativos de Galicia, dada a súa proximidade ao Principado de Asturias.

A entrada e as actividades son gratuítas e algunhas das visitas temáticas son as seguintes:

  • "Os almacéns da casa campesiña: hórreos, paneiras e cabazos"
  • "Os enxeños hidráulicos: o muíño fariñeiro"
  • Taller didáctico "A madeira e os seus usos: demostración de tornería"
  • Xincana polas instalacións.

Pódese consultar toda a información a través desta ligazón e a continuación preséntase o programa 2022-2023.