G2103015 Roteiro polos espazos vitais e literarios de Yolanda Castaño

Paseo pola Coruña literaria con Yolanda Castaño
A poesía tamén se vive
Mér, 18/05/2022 - 07:54
A poesía tamén se vive
Roteiro polos espazos vitais e literarios de Yolanda Castaño

 

Porque a poesia non só se le, tamén se vive. Porque as poetas son animaliños que poden saír tanto nos libros de texto coma nos bares de noite.

Alguén que se sente acompañada polo luxo canalla de toda unha cuadrilla tan humana como divina prepáranos un percorrido polos seus espazos vitais máis importantes así como polas súas autoras contemporáneas, e antes que nada compañeiras.

 

O percorrido está deseñado en dúas partes:

  • Pola mañá un percorrido máis vital centrado en Yolanda Castaño no que percorreremos o IES Rafael Puga Ramón, A Zapateira, O Portiño, Centro Ágora, Playa CLub, Casa da Cultura Salvador de Madariaga, Sargadelos e a Residencia 1863.
  • Pola tarde, a andaina céntrase na propia autora e nas súas compañeiras de xeración, así viistaremos o Pub Puticlú - María Lado, Bar de Juan - Lucía Aldao, Mardigras - Emma Couceiro, Antiga Casa Ocupa das Atochas - María do Cebreiro, Antigo Centro Social Atreu - Alicia Fernández, Jazz Café - Emma Pedreira, Buzón de correos - Lupe Gómez, O Alfaiate - Estíbaliz Espinosa, Rúa Orillamar - Olga Novo e o Patachín - Yolanda Castaño.

Agardámoste!

 

  • Título da actividade:  Roteiro polos espazos vitais e literarios de Yolanda Castaño 
  • Código en fprofe: G2103015
  • Lugar: A Coruña
  • Data: domingo 12 de xuño 

 

Yolanda Castaño Pereira naceu en Santiago de Compostela pero moi pronto, 1990, se trasladou á Coruña onde se licenciou en Filoloxía Hispánica e cursou estudos audiovisuais. Deuse a coñecer xa na adolescencia, a través de diversos premios de poesía. Con 17 anos, gaña o Premio Fermín Bouza Brey de 1994 e publica o seu primeiro libro, Elevar as pálpebras (1995) ao que seguirán Delicia (Espiral Maior, 1998), Vivimos no ciclo das Erofanías (Premio Johán Carballeira 1998 que recibirá o Premio Johán Carballeira en 1998 e o Premio da Crítica española no mesmo ano 1998 cando tiña 21 años); Edénica (Espiral Maior, 2000) que inclúye un CD con poemas musicados, algúns cantados pola autora; O libro da egoísta (Editorial Galaxia, 2003); Profundidade de campo (Espiral Maior, 2007) que recibiu o XV Premio Espiral Maior de Poesía; Erofanía (Espiral Maior, 2009); A segunda lingua (PEN Clube de Galicia, 2014) que recibiu o Premio de poesía Novacaixagalicia no 2013 e coa que foi Finalista do Premio Nacional de Poesía; O puño e a letra. Antoloxía en cómic poético (Xerais, 2018) e  Idioma de tinta. Lingua dell'inchiostro (2018, Squiliibri). 

 

Foi Secretaria da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) e formou parte do equipo directivo de Letras de Cal e xunto a Olga Novo, codirixiu a revista de artes Valdeleite.

Está interesada en proxectos interxenéricos en que a poesía dialoga con outras artes. Ten desenvolvido distintas experiencias que fusionan a poesía coa plástica, a música ou o audiovisual.

Menús CAFI node R

 

Sección

Áreas-CAFI