Título node Learning object

Concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais contra a violencia de xénero
Ven, 22/10/2021 - 11:17
logo

A Secretaría Xeral de Igualdade e a Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional convocan un ano máis o concurso conmemorativo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra cada 25 de novembro.

Este ano recuperamos a modalidade que se desenvolvía en cursos anteriores á pandemia: o concurso enfócase cara á construción de imaxes gráficas e pezas audiovisuais relacionados coa violencia de xénero co fin de promover a erradicación desta violencia e poñendo o foco na prevención, na detección precoz e na intervención.

Tema: reflexión contra a violencia de xénero
Destinatarios: centros de ensino públicos e concertados, que impartan ensinanzas de primaria, ESO, bacharelato, formación profesional e ensinanzas especiais.
Participación: equipos guiados por 1 docente e constituídos por un máximo de 8 alumnos e alumnas; procurarase a representación equilibrada entre o alumnado
Categorías:

  • 1ª Categoría: alumnado de 5º e 6º de educación primaria, de 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e de educación especial.
  • 2ª Categoría: alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO), de 1º e 2º de bacharelato (BAC), de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior.
  • 3ª Categoría: alumnado das ensinanzas especiais de artes plásticas e deseño.

Modalidades de participación:

  • Modalidade "Imaxe gráfica": consiste na realización dun traballo gráfico (cartel, cómic, ilustración, debuxo...).
  • Modalidade "Peza audiovisual": consiste na realización dun traballo audiovisual (curtas, viodeoclips, performances, flashmob, danza, videopoemas, textos recitados...).

Prazo de presentación dos traballos: ata o 15 de novembro de 2021 (ás 15.00 h)

Indicacións para para os envíos:

  • enderezo postal: Secretaría Xeral da Igualdade, Edificio administrativo San Lázaro s/n - 15781 Santiago de Compostela
  • enderezo electrónico: premios25n.igualdade@xunta.gal

 

Pódense consultar as bases completas no documento anexo. Para resolver dúbidas podedes dirixirvos a: 881 997 598 e 981 545 361.