Título node Learning object

Crece lendo comigo
Ven, 23/04/2021 - 10:25
Crece leyendo conmigo

Con motivo do Día Internacional do Libro, desde o Ministerio de Educación e Formación Profesional, e en colaboración coa Fundación Germán Sánchez Ruipérez, organizou un acto dirixido a destacar a importancia do fomento da lectura entre nenos, nenas e novas e novos, para que  adquiran, desde idades temperás, unha adecuada comprensión lectora como elemento esencial para o seu futuro desenvolvemento persoal e a súa aprendizaxe.

Ademais, presentarase o Proxecto educativo de animación á lectura Crece lendo comigo, desenvolto polo MEFP co obxectivo de proporcionar recursos destinados á comunidade educativa e ás familias para crear e afianzar o hábito lector na poboación infantil e xuvenil.

Esta iniciativa inclúe materiais orientados a:

  •  Fomentar a lectura e achegar os libros a prelectores e prelectoras, así como iniciar aos primeiros lectores e as primeiras lectoras na súa contorna escolar e familiar.
  •  Crear e fomentar o hábito lector en nenos, nenas e adolescentes.
  •  Educar a nenos, nenas e mozas e mozos a través da lectura, a escritura e outros produtos culturais sobre temas como a sustentabilidade, a saúde física e emocional, a inclusión, a convivencia, a ciencia e os medios de comunicación (incluídas as redes sociais).

O evento terá lugar o vindeiro venres, 23 de abril, ás 12:30 horas, e poderase seguir vía streaming a través da seguinte ligazón:

https://youtu.be/2fQw1PeNDuQ