Convocatoria para a solicitude de renovación das persoas auxiliares de conversa para o curso 2021/2022. Centros públicos

Mér, 27/01/2021 - 20:26
aux

Información en galego, castelán e inglés relativa ao proceso de renovación no Programa de Auxiliares de Conversa en Galicia. Contén ligazóns á plataforma de solicitude e á información.

Estas instrucións van dirixidas aos participantes no programa de auxiliares de conversa en activo durante o curso 2020/2021 que desexen renovar no programa durante o curso 2021/2022.

Non se pode participar no programa de auxiliares de conversa en Galicia máis de tres cursos escolares consecutivos.